Jozi regresará ao traballo do CD Burela FS Pescados Rubén co outro título de bicampeona mundial de FSF
Nota de prensa
JOZI, BICAMPIOA DO TORNEO MUNDIAL DE FÚTBOL SALA FEMININO
Jozi regresará ao traballo do CD Burela FS Pescados Rubén o próximo xoves con outro título baixo o brazo. A gardameta alzouse bicampioa do Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino defendendo a camisola brasileira. O combinado anfitrión conquistou a cita despois dunha exposición épica fronte a España, o sábado no Paulo Sarasate, en Fortaleza. Tras o empate 3-3 no tempo regulamentario, as canarinhas conseguiron abrir vantaxe na prórroga e fixéronse coa copa con 4-3.
Clasificación final do Torneo: 1ª Brasil, 2ª España, 3ª Portugal, 4ª Rusia, 5ª Xapón, 6ª Arxentina, 7ª Venezuela e 8ª Angol