Nota de prensa
O BURELA FS PARTICIPA NAS FINS DE SEMANA CULTURAIS DE ALFOZ
O CD Burela FS Pescados Rubén protagonizou onte pola tarde unha charla-coloquio integrada nas fins de semana culturais de Alfoz. Ata a casa da cultura do municipio acudiron en representación da entidade laranxa o director da ED EON Burela FS e responsable da preparación física do club, Alfonso Mera; o adestrador do equipo da Segunda División Masculina, Quique García; e os xogadores Juanma Marrube e Iago Míguez.
Os membros burelistas falaron do día a día do equipo nos seus adestramentos, do nivel de esixencia da competición e das aspiracións na liga; tamén compartiron co público presente algunha que outra anécdota futbolística.
Radio Valadouro emitirá ao longo da semana algúns dos mellores momentos da charla.