Nota de prensa
O PLENO APROBOU O ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2012, QUE ASCENDE A 5,9 MILLÓNS DE EUROS, E O REGULAMENTO INTERNO DA ESCOLA DE MÚSICA.
Burela, 6 de decembro de 2011. No pleno ordinario celebrado na tarde de onte no Concello de Burela quedaron aprobados inicialmente a modificación do regulamento de axuda no fogar, o regulamento de organización académica e funcionamento interno da Escola de Música e o orzamento xeral do Concello para o 2012. O alcalde, José María González Barcia, considera que “nada lle poden decir ao equipo de goberno os que en catro anos non fixeron nada polo parque empresarial nin foron capaces de aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal”.
No pleno de onte aprobóuse unha modificación do regulamento de axuda no fogar do Concello de Burela. González Barcia dixo que “hai un incremento das taxas, nos días laborables o prezo da hora pasa de 9 a 12 euros e nos festivos pasa de 9 euros a 13,50. O que non podemos facer desde o equipo de goberno é poñer en perigo os servizos que presta o Concello, entón nalgúns casos hai que pedirlles un pequeno esforzo adicional aos propios cidadáns”. Para o alcalde burelés o que non é de recibo por parte dos grupos da oposición “é que se nos acuse de desmantelar servizos públicos porque eso non é así. Ninguén máis que o de PP de Burela, nin ninguén mellor puxo no seu momento os servizos sociais municipais en marcha, sabemos polo tanto do que estamos a falar. E tampouco é de recibido que se nos diga que nós subimos o prezo dun xeito considerable, porque o bipartito burelés aumentou o prezo da axuda a domicilio de 6 a 9 euros, é dicir no seu día ese incremento chegou ao 50%”. Desde o equipo de goberno entenden que “deste xeito quedan garantidos os servizos sociais de ámbito municipal”.
Na sesión plenaria celebrada onte quedou aprobado inicialmente o regulamento de organización académica e funcionamento interno da Escola de Música de Burela, un punto que suscitou polémica. José María González Barcia lembrou que “nós somos coherentes, cando no seu momento en xullo de 2010 o bipartito levou a pleno o regulamento da Escola de Música proposto por eles, nós votamos en contra porque entendemos que o documento non era en sí un regulamento de funcionamento do centro e había unha presencia enorme de represantes do Concello, que daba a impresión que estaban nos órganos colexiados da Escola de Música para facer un control de tipo político. Ademáis había unha presencia desmesurada do director da banda na toma de decisións da Escola de Música, cando resulta que a banda ten trasladada a súa xestión a unha asociación de ámbito privado”. O rexedor indicou que “sendo coherentes co manifestado no seu día elaboramos un novo regulamento que, en contra do que eles presentaron, sí conta coa aprobación maioritaria do claustro de profesores da Escola. E tamén consultamos ese texto coa Asociación de Usuarios da Escola de Música e coa Asociación de Amigos da Banda. Algunhas das aportacións plantexadas tivémolas en conta e outras non”.
González Barcia considera que “ese texto é necesario para que a Escola de Música funcione adecuadamente” e indicou que “no Consello Escolar que aparece nese documento presentado onte está perfectamente recollida a súa composición, a presencia do Concello nese órgano redúcese a unha persoa e hai unha participación activa dos pais, que son os que teñen que participar realmente xunto cos profesores na toma de decisións”. O equipo de goberno entende que “ese Consello Escolar que se incorpora á Escola Municipal de Música ten que ter unha función consultiva. Legalmente a Escola non ten porque contar con este órgano, pero nós incorporámolo para potenciar a participación dos distintos sectores da comunidade educativa no mundo da Escola e nese sentido tampouco nós nos imos comparar coas actuacións levadas adiante polo bipartito”.
“Trapicheos de tipo familiar ou político”
O alcalde de Burela contou que “onte o señor Llano, portavoz do PSOE, pediu explicacións sobre o nomeamento do director da Escola de Música. A resposta que lle din foi clara e concisa xa que él ten que saber cómo se elixe o director porque o proceso de selección levouno adiante o señor Llano, cousa que parecía ignorar. No que non imos caer é en trapicheos de tipo familiar ou político para nomear a determinadas persoas en postos relevantes vinculados coa Escola de Música. Eso non o imos facer”. Desde o PSOE anunciaron que recurrirán o regulamento da Escola de Música, “o que sí é certo é que o PSOE e o Grupo Mixto coñecían o texto do regulamento desde hai máis dun mes, porque tiveron forma de conseguilo, e si nun mes non foron capaces de traer ningunha aportación ao pleno de onte a súa capacidade de traballo queda moi en entredito, porque o PSOE ten cinco concelleiros e algo podían facer”.
Tamén onte quedou aprobado de xeito inicial o orzamento xeral do Concello de Burela para o vindeiro ano. González Barcia xa esperaba “por onde estes señores ían vir, trátase de descalificar un presuposto polo mero feito de que baixen os ingresos. Os ingresos baixan, entre outras cousas, porque o Estado nos manda 100.000 euros menos. Nós o que imos facer é gastar o mesmo que ingresamos. Os presupostos son realistas, rigurosos, restritivos e nos que a cidadanía sabe perfectamente en qué se van gastar os seus cartos e que sexan destinados a manter os servizos básicos de competencia municipal, como son os servizos sociais e a educación”. O rexedor recalcou que “en materia de servizos sociais non hai ningunha rebaixa e na educación vinculada co Concello tampouco. Seguimos mantendo os comedores escolares e as actividades para que os centros teñan xornada única”.
Facturas sen pagar
Barcia subliñou que “o que non facemos nós é deixar facturas sen pagar. No pleno que lle preguntei á portavoz do Grupo Mixto por qué están sen pagar, entre outras, o alumeado de nadal do pasado ano, por qué quedaron facturas por importe de 80.000 euros correspondentes ás festas de Burela e por qué ela gastou 300.000 euros en gastos diversos no ano 2010. Cando o señor Llano me preguntaba polo plan de alumeado eu lembréille algo que todo o mundo sabe, él sendo alcalde gastou 200 millóns das antigas pesetas en farolas, pero só nos soportes das luminarias, as lámparas son as mesmas. Polo tanto non hai ningún tipo de aforro enerxético gracias á brillante xestión do señor Llano ao frente da Alcaldía”. O equipo de goberno sí que está a notar nos dous últimos meses unha reducción importante na factura da luz, segundo se puxo de manifesto no pleno de onte.
O alcalde de Burela dixo que “o equipo de goberno do PP ten moi clara a situación económica na que estamos e tamén o proxecto que quere para Burela. Non nos pode falar de ausencia de proxecto quen en catro anos non sacou adiante, polo menos, a aprobación inicial do PXOM, non nos poden decir nada os que en catro anos nada fixeron polo parque empresarial, non nos poden decir nada en canto a credibilidade e a capacidade de convicción quen prometeu dúas veces un investimento de 7 millóns de euros no Hospital da Costa por parte da Xunta bipartita e resulta que a inversión foi de cero euros. Esas persoas non teñen credibilidade para decirnos absolutamente nada. Nós estamos a asumir todas as facturas que estes señores deixaron sen pagar, e non son poucas, hai algunhas pendentes desde o 2009, e eso ten unha gravidade extrema porque se adicaron a usar os cartos de todos en busca exclusivamente dun rendemento político”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



