Os Sendeiros de Foz faremos a ruta derradeira do ano o próximo domingo 18. Ista vez será por terras de Asturias entre Santa Mª del Mar ( Castrillon) e Avilés. E unha senda moi bonita e transcorre toda ela ao carón do mar. A saída e dende a praias de Santa Mª del mar pasando por Arnao, Salinas onde visitaremos o museo das Anclas para logo seguir polo paseo da praia de Salinas e adentarnos as dunas da praias do Espartal, seguiremos polo pobo de San Juan de Nieva e de seguido imos polo paseo da ría de Avilés e rematar no centro Niemeyer no centro da cidade. Despois do xantar faremos unha pequena visita polos lugares máis emblemáticos da cidade. Dificultade: baixa/media. Saída : 8 da mañá diante do concello. 22 € soci@s, 27 € no soci@s e nenos soci@s gratis. Viaxe e xantar incluído. Anotarse nos teléfonos de costume: 686265154 – 605885009 o mail ossendeiros@yahoo.es ata o venres 16























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



