Nota de prensa
LOURENZÁ
O BNG DE LOURENZÁ VE PASIVIDADE DO GOBERNO LOCAL ANTE OS RECORTES DA XUNTA NO CONCELLO
Lourenzá, 24 de xaneiro de 2012. O BNG de Lourenzá non ve xustificado de novo os recortes que o equipo de goberno está a aplicar en servizos sociais no concello e critica unha vez máis a prontitude coa cal o goberno laurentino mete a tesoira sobre uns servizos que ademais de básicos son moi necesarios debido a estrutura e dispersión da poboación do concello, nas últimas datas o goberno de Lourenzá a través da concelleria de asuntos sociais en distintas reunións estibo a informar a tódolos usuarios do servizo de atención a domicilio dunha serie de cambios que afectaran negativamente a prestación de tal servizo, supoñendo nalgún caso a suba de taxas de case un 400 %, por este motivo os nacionalistas rexistraron nas dependencias municipais unha serie de preguntas para saber cal foi o investimento concedido pola Xunta de Galiza do plan concertado no ano 2011 así como que cantidade se solicitou, en este senso o voceiro do BNG de Lourenzá César Docampo argumentou: “o contexto económico non é xustificación suficiente para emprender un recorte deste calado nos servizos sociais do concello e menos se temos en conta o pouco rigor que o goberno municipal mostra a hora de facer inversións en outras áreas do concello, o servicio de atención no fogar financiase maioritariamente coa aportación da Xunta de Galiza, e o que nos desexamos saber é canto aportou a Xunta para o exercicio 2011, ademáis de canto estaba previsto que aportara, pois ao noso entender non nos cadran as contas a non ser que o goberno da Xunta de Galiza recurtara ampliamente a subvención para o servizo, somos coñecedores da aportación feita pola Deputación o cal nos indica que ou o goberno autonómico ou o goberno local son os responsables de tal recorte”.
O recortes tamén chegan a farmacia de Lourenzá.
Nestes últimos días a prensa fíxose eco da modificación da lei de ordenación farmacéutica, lei que afecta de cheo ao concello de Lourenzá debido a que dita lei aprobada polo PP en solitario suprime as gardas farmacéuticas nocturnas en tódolos concellos que non dispoñan de Punto de Atención Continuada (PAC), en este senso os nacionalistas laurentinos rexistraron unha moción nas oficinas do concello para que o pleno da corporación inste a Xunta de Galiza a utilizar tódalas suas competencias para que en dita reorganización das gardas nocturnas se garanta o servizo en todos os concellos galegos, incluído Lourenzá, ademais o BNG de Lourenzá lamentou o pouco interés mostrado polo goberno laurentino en canto o que se trata de defender os intereses dos veciños do concello xa que esta nova lei de ordenación farmacéutica aféctalle directamente ao noso concello, nesta liña de argumentación o concelleiro nacionalista César Docampo dixo “ ao goberno de Lourenzá parece non importarlle demasiado este tema, pero o certo é que o servizo que presta a farmacia é complementario ao servizo do centro médico, e aquí que non hai PAC xa non é a primeira vez que a farmacia soluciona unha urxencia, aínda que sexa menor, pero o que realmente preocupa ao BNG de Lourenzá é a escasa implicación que o goberno local mostra na defensa dos intereses dos veciños cando estes cambios veñen dende o seu propio goberno en Santiago, pois o que non se pode é mirar para outro lado comulgando con rodas de muíño mentres do noso concello se están a escapar moitos dos servizos que antes tiñamos, e o peor de todo é que se escapan sen que ninguén pelexe por eles”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



