Nota de prensa
O CONCELLO BUSCA SOLUCIÓNS PARA MELLORAR A RECOLLIDA DO ACEITE VEXETAL. O EQUIPO DE GOBERNO ADVIRTE QUE O ACTUAL SISTEMA NON ESTÁ A DAR BÓS RESULTADOS.
Burela, 13 de xaneiro de 2012. O Concello de Burela busca solucións para mellorar a recollida do aceite vexetal (de cociña). A edil de Medio Ambiente, Patricia López, advirte que o actual sistema non está a dar bós resultados.
A concelleira popular lembra que “actualmente o Concello de Burela ten contratado un xestor de aceite por 5.125 euros anuais. Este sistema non lle supón ningún rendemento monetario ao Concello, pero sí medioambiental, posto que o aceite que se recolle non vai á rede de saneamento”.
López Eijo indicou que “desde hai xa tempo estamos vendo que este sistema de recollida non funciona por dous motivos. A xente verte o aceite no contenedor sen colar e o orificio polo que se realiza esa operación túpese, entón cando a seguinte persoa vai levar o seu aceite de cociña, éste derrámase por fóra e o chan queda completamente manchado e esbaradizo”. A responsable de Medio Ambiente engadiu que “tamén hai xente que en vez de verter o aceite no contenedor, deixa as botellas ao lado deste, dándolle un aspecto de suciedade e abandono ao pobo. Esto ás veces é causado porque o contenedor está tupido, pero outras moitas non é así, senón que se fai pola deixadez da xente”.
Patricia López subliñou que “todos estes problemas repercuten en que cada vez a recollida de aceite que se fai en Burela por parte do xestor sexa menor”.
Logo de manter unha xuntanza o alcalde, José María González Barcia, o concelleiro de Economía, José Casas, concelleiro de Economía, e a propia concelleira de Medioambiente, chegaron á conclusión de que “é necesario buscar unha solución que sexa o máis ventaxosa posible para o Concello de Burela tanto económica como medioambientalmente falando, e neso estamos traballando na actualidade”. O actual sistema de recollida de aceita vexetal estivo a ocasionar numerosas queixas veciñais nos últimos tempos.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



