Nota de prensa
PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA “MODELO BURELA”: O PROTAGONISMO DOS NEOFALANTES
Este mércores emítese o terceiro programa. O convidado será Marcelino Luna (director do IES Monte Castelo). Na entrevista participarán Marina TEixeiro Gregori (IEs Perdouro) e José Juan Aponte Gamboa (IEs Monte Castelo)
Como resultado da colaboración entre a área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela, todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde a emisora de Radiofusión transmite Proxecto Neo, un programa que centra o protagonismo nas persoas neofalantes en galego.
A información actualizada sobre os programas está disponíbel en http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/category/16/130 e no grupo de Facebook http://www.facebook.com/groups/proxectoneo/, onde vos convidamos a participar activamente.
Proxecto Neo recolle as voces que se incorporaron recentemente á nosa cultura e que lle dan tanta vitalidade como os que a adquiriron na infancia. Son persoas que viñeron de Castela, de Asturias, de Andalucía, Madrid… ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron a Galiza e se integraron na cultura tradicional. Tamén se inclúen neste grupo as persoas das grandes cidades galegas que se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego sendo xa adultas.
O programa dedicado aos neofalantes dedicará a terceira entrega ao profesor Marcelino Luna Almarza. Este berciano licenciouse en Filosofía e Psicoloxía na Universidade de Oviedo. Desde 1986 é Pofesor Numerario de Filosofía e exerceu primeiro en Vigo e despois en Burela. Desde 2009 é directivo do Burela F.S.
Outros proxectos Modelo Burela
NEOFALANTES: http://www.youtube.com/watch?v=N4uC30uTD44
ACTIVIDADES COMERCIAIS: http://www.youtube.com/watch?v=9eybv36wDDI
LITURXIA e NECROLOXÍA: http://www.youtube.com/watch?v=_5LjB-vFlPs
Arquivo co programa nº 2 de PROXECTO NEO: ustream.tv/recorded/19699026
ENLACE Á RADIO EN DIRECTO:
http://www.ustream.tv/channel/radio-burela-107-7-fm—a-mari%C3%B1a