Nota de prena
A Villares médralle o nariz un palmo cada vez que fala de falta de apoio das áreas gobernadas polo BNG na Deputación.
Os nacionalistas insisten en que Cervo non se pode permitir un goberno tan caro con seis persoas cobrando das arcas municipais.
Estúa reafírmase na petición de recortes nos gastos do grupo de goberno e na eliminación do posto da asesora Pilar Armada que lle costa ao concello mais de 20.000 euros anuais.
Cervo, 12 de febreiro de 2012. O BNG insistiu hoxe en que o concello e os seus habitantes non se poden permitir un goberno municipal con seis persoas cobrando das arcas públicas polo que pediu reducións nas retribucións por dedicacións exclusivas e parciais, asistencias a Xuntas de Goberno e a eliminación do posto de asesora que ten un custe anual de 20.908,13 euros incluíndo os gastos de seguridade social que asumen as arcas públicas como xa se puxo de manifesto noutra información pública. Villares minte en relación á falta de apoio de áreas de goberno do BNG na Deputación e lémbranlle que son moitas as asociación culturais e deportivas que reciben axudas anualmente para as súas actividades, tamén o propio concello que ademais financia o Punto de Atención Infantil grazas á deputación que pon moito mais que a Xunta aínda que Villares trate de ocultalo.
Seis persoas cobrando para xestionar un concello de 4.600 habitantes é unha indecencia nos tempos que estamos.
O BNG insistiu hoxe que non é aceptábel nin asumíbel o mantemento económico de seis persoas para xestionar un concello como Cervo, con pouco mais de 4.600 habitantes, e moito menos na situación económica na que estamos. O portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, lamentou que Villares teña que acudir á descualificación persoal e á mentira para tapar as evidencias. Hai datos que non se poden maquillar porque están nas actas e resolución do propio alcalde, como a multiplicación de reunións da Xunta de goberno dende que estas se pagan a 150 euros sesión e tampouco o custe da asesora Pilar Armada que, gastos de seguridade social incluídos, sáelle as arcas públicas en 20.908,13 euros anuais.
Como explica Villares a multiplicación das sesións da Xunta de Goberno dende que se pagan a 150 euros a sesión.
Estúa pediu a Villares que explicara como puido gobernar o concello cunha Xunta de Goberno ao mes durante os primeiros seis meses de 2011 e a partir de aí ate decembro como xustifica a necesidade de 20 sesións si non é porque pasaron a pagarse a 150 euros a sesión. O nacionalista reprochou a Villares que as dúas concelleiras que cobran por asistir ás X.G.L. si atendemos á duración das sesións estiveron cobrando a 250 euros a hora, 6000 euros en seis meses por 23,91 horas de reunións con algunha que non chegou aos 16 mts. de duración como se reflicte nas actas.
Os nacionalistas pídenlle a Villares que diga a verdade sobre o apoio de áreas de goberno nacionalistas ao tecido asociativo de Cervo e ao propio concello.
Estúa cualificou de falsas as informacións vertidas por Villares sobre o apoio de áreas de goberno nacionalistas tanto ao propio concello como ao tecido asociativo cervense, “son moitas as asociacións culturais e clubs deportivos que reciben anualmente axudas económicas da Deputación, moito mais do que da a propia Xunta gobernada polo PP e nalgunha anualidade mais incluso do que aporta o concello que el preside. O nacionalista ademais pediulle ao alcalde que diga canto pon a Xunta para o Punto de Atención Infantil e canto pon a Area de Benestar dende a Deputación que obrigou ao alcalde a retirar o cobro da taxa polo servizo ao financialo en boa parte. O nacionalista agarda que Villares non poña trabas ao proxecto de ampliación do museo do Mar xa anunciado en datas pasadas, so faltaría que cando hai uns fondos consignados con este obxectivo haxa que retiralos pola falta de apoio do alcalde.
SALARIOS E SEG. SOCIAL DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL NO PERIODO XULL-11/XAN 2012 MAIS ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO
| EDIL/A | CARGO | DEDICACION EXCLUSIVA: XULLO 11 – XAN 2012 | DIETAS RECOÑECIDAS XAN-11/NOV-11 | TOTAL |
| ALFONSO VILLARES | ALCALDIA | 25327,74 | 4018,82 | 29356,46 |
| EDIL/A | CARGO | DEDICACIONS PARCIAIS | DIETAS RECOÑECIDAS XAN-11/NOV-11 | ……… |
| BEGOÑA ALONSO | DEL. MEDIO AMBIENTE | 6309,1 | 0 | 6309,1 |
| J.R. SOTO | DEL. DEPORTES, PROT. CIVIL, ETC. | 4739,09 | 73,61 | 4739,09 |
| PILAR ÁLVAREZ | DE. XUVENTUDE E IGUALDADE | 4739,09 | 45,94 | 4711,42 |
| TOTAL | 45.116,07 |
| EDIL/A | CARGO | ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO XULL-XAN 11 | DIETAS RECOÑECIDAS XAN-11/NOV-11 | TOTAL |
| YOLANDA PEDREIRA | EDUCACIÓN E EMPREGO | 3.300 | 0 | 3.300 |
| TANIA FERNÁNDEZ | FACENDA E SERV. SOCIAIS | 3.300 | 0 | 3.300 |
| TOTAL | 6.600 |
TOTAL GRUPO DE GOBERNO—————————- 51.716,07 €
SALARIO E SEG. SOCIAL DA ASESORA DA ALCALDÍA EN SERVIZOS SOCIAIS E COMUNICACIÓN EXTERNA
EX – EDIL CON CONTRATO EVENTUAL
| ASESORÍA EXTERNA | FUNCIÓNS | SALARIO ANUAL E SEGURIDADE SOCIAL | CONTRATO EVENTUAL: XULLO 11 – XAN 2012 |
| PILAR ARMADA CARRETE | ASESORA DA ALCALDÍA | 20.908,13 | 11.579,04 |
TOTAL GASTO GRUPO DE GOBERNO E ASESORÍA EXTERNA …………………………………………………………………………………………… 63.295,11 €
GASTOS PROMOCIÓN PERSOAL DO ALCALDE E GRUPO DE GOBERNO NO PERÍODO
| CONCEPTO | CONDICIÓNS | PERIODO | TOTAL |
| GABINETE DE PRENSA | GABINETE DE PRENSA A TEMPO COMPLETO | XANEIRO – DEC EMBRO 2011 | 19.175 |
| PROMOCIÓN DA ALCALDÍA | ENTREVISTAS PAGADAS RADIOS | XANEIRO – OUTUBRO 2011 | 7.611,28 |
| OUTROS GASTOS DIVERSOS | XANEIRO – OUTUBRO 2011 | 43.170,56 | |
| TOTAL | 69.956,84 |
TOTAL GASTOS NO PERIODO ESTUDADO ………………………………. 133.251,95 €
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE: condicións dedicacións exclusivas e parciais, asistencias Xuntas de Goberno e asesora segundo o pleno organización da actual corporación municipal saída das pasadas eleccións municipais. Dietas e asignación grupo aparte
| EDIL/A | DEDICACIÓN | CONDICIÓNS | SALARIO ANUAL | SEG. SOCIAL | TOTAL ANUAL |
| ALFONSO VILLARES | EXCLUSIVA | TOTAL – 14 PAGAS ANUAIS | 39.841,2 | 12616,77 | 52.457,97 |
| BEGOÑA ALONSO | PARCIAL | 45 HORAS MES – 14 PAGAS | 9800,04 | 3287,9 | 13087,9 |
| J.R. SOTO | PARCIAL | 29 HORAS MES – 14 PAGAS | 6311,76 | 2117,6 | 8429,36 |
| PILAR ÁLVAREZ | PARCIAL | 29 HORAS MES – 14 PAGAS | 6311,76 | 2117,6 | 8429,36 |
|
ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO | 150 EUROS POR ASISTENCIA – ORDINARIAS QUINCENALES | 3.600 | ||
|
ASISTENCIAS XUNTA DE GOBERNO | 150 EUROS POR ASISTENCIA – ORDINARIAS QUINCENALES | 3.600 | ||
| PILAR ARMADA CARRETE | ASESORA – LAB. EVENTUAL | TOTAL – 14 PAGAS ANUAIS | 15.750 | 5158,13 | 20.908,13 |
- As Xuntas de Goberno ordinarias previstas no período xullo 2011 – xaneiro 2012 serían 12, mais convocáronse 22, co que o gasto previsto inicialmente de 3.600 euros pasou a ser neste período de 6.600, 3.300 para cada edil.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



