A XUNTA DE GALIZA DEIXA SEN SUBVENCIÓN PARA AXUDA NO FOGAR A TODOS OS CONCELLOS DA MARIÑA
Antonio Veiga afirmou que estamos diante do “maior golpe ao sistema de servizos sociais na provincia”
O custe total do programa de axuda no fogar, do que se benefician 30.000 persoas e no que traballan 2.000 persoas, para os concellos lucenses é de 2.514.000 euros, do que a Deputación financia preto do 30%
Lugo, 30 de marzo de 2012. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, o vicepresidente da mesma, o nacionalista Antonio Veiga, informou de que a Xunta de Galiza vén de facer público no día de hoxe, por medio do Decreto 99/2012 de 16 de marzo, que quedan excluídos da axuda pública por parte da Administración Autonómica os servizos de axuda no fogar en todos aqueles concellos menores de 20.000 habitantes, o que significa que agás a cidade de Lugo, o resto de concellos da provincia terán que financiar con fondos propios o servizo de axuda no fogar.
Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado da Área de Benestar Social, considera “un auténtico escándalo que a Xunta de Galiza se desentenda absolutamente do que é a atención aos maiores na práctica totalidade dos concellos da provincia xa que a decisión que hoxe recolle o DOG no artigo 47 do Real Decreto 99/2012 de 16 de marzo, deixa sen posibilidade de cobertura a moitas persoas da provincia, e non só iso, senón que esta decisión vai provocar perda directa de emprego e afondar na fenda social entre a Galiza urbana e a Galiza rural, cando é esta a que concentra unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos. Non é de recibo que un servizo que a día de hoxe era financiado basicamente coas achegas que efectuaba a Deputación e a Xunta se quede sen o respaldo económico, posto que a retirada de dotación orzamentaria por parte da Xunta, inviabiliza que os concellos poidan seguir a prestalo”.
Veiga informou que “o custe deste servizo nos concellos lugueses de menos de 20.000 habitantes é de 2.514.000 euros ao ano, cantidade que como é evidente non é asumíbel co presuposto das corporacións locais, máis nun momento no que o goberno do Estado lle van a obrigar ás mesma a aprobar un plan de axuste que limita o gasto social. Non temos dúbida algunha que estamos diante da maior agresión ao sistema de protección social que se ten dado até agora por parte da Xunta de Galiza na provincia de Lugo. Unha agresión que se atendemos ao número de usuarios deste servizo, preto de 30.000 persoas, así como a número de traballadores e traballadoras vinculados ao mesmo, arredor de 2.000, decatámonos da magnitude e da gravidade desta decisión da Xunta de Galiza do PP. Mesmamente, se atendemos á literalidade da norma, pode darse o caso de que os 600.000 euros que a Deputación de Lugo destina a axuda no fogar non poidan chegar nunca ás arcas municipais, posto que no decreto mencionado estabelécese que calquera decisión no ámbito do benestar por parte de organismos que non sexan a Xunta terán que ser aprobados previamente pola administración autonómica”.
O vicepresidente da Deputación, que definiu este decreto como “o maior golpe ao sistema de servizos sociais na provincia”, insistiu en que “alén de privar aos concellos de financiamento para o sistema de axuda no fogar, recolle auténticas barbaridades como é a modificación dos criterios de financiamento da Dependencia, até agora asumidos na súa totalidade pola Xunta e o goberno central, e que agora pasarán a ser asumidos tamén polos concellos. Na mesma liña, non é de recibo que o goberno autonómico retire tamén o financiamento para as unidades de traballo social de concellos de menos de 20.000 habitantes, xa non só porque vai na liña de discriminar aos concellos de menos poboación senón porque vai significar que todo o que é o sistema de servizos sociais dos concellos, as unidades de atención aos drogodependentes, os equipos de educadores familiares…. Desaparezan co que ten de merma de prestacións para quen máis o precisa, pois estamos falando de colectivos en risco de exclusión, senón tamén porque incide na destrución de emprego”.
Xa por último, Antonio Veiga indicou que se dirixirá no día de hoxe por carta á Consellería de Traballo e Benestar para que se proceda á retirada do Real Decreto 99/2012 e que se abra unha liña de diálogo co conxunto dos concellos galegos, nomeadamente aqueles menores de 20.000 habitantes, a fin de que a administración autonómica siga garantindo fondos para o mantemento destes servizos. “Non é de recibo que os nosos concellos coñezan polo DOG a política da Xunta nun tema tan sensíbel como este, máis cando a maioría dos concellos da provincia de Lugo contaban coa achega do ente autonómico para financiamento dos mesmos. É evidente que estamos diante dun goberno que xa non agocha o seu verniz antidemocrático senón que ademais fai gala dun talante antisocial, en definitiva, un goberno servil e ao beneficio dos poderosos e que agrede e maltrata aos humildes e á xente que precisa da axuda pública”.
Remitido






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



