De novo este sábado 24 de marzo celebráronse varios actos culturais no concello de Alfoz.
– En primeiro lugar, ás 16 horas, iniciouse o Curso de Cine para rapaces, que ten lugar no IES Alfoz-Valadouro e que imparte Matías Nicieza. Asistiron nesta primeira sesión un total de 12 rapaces. Organiza a OMIX de Alfoz (en posteriores semanas podo mandarvos algunha foto).
– En segundo lugar, ás 18 horas, o grupo Cucarandainas ofreceu no local da OMIX na Casa da Cultura de Alfoz un taller de maxia, destinado ós máis pequenos (mándovos tres fotos deste evento).
– Finalmente, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz tivo lugar un multitudinario concerto de alumnos das Escolas de Música da Mariña, concerto coordinado por Xan Carballal e no que participaron arredor de 40 alumnos das Escolas de Música de Burela, Mondoñedo, Xove e Ribadeo, interpretando un total de 12 pezas con instrumentos de vento, corda e metal (mándovos dúas fotos deste evento).
