Nota de prensa
Cervo prepara a IV Ruta do Poldro que terá lugar o 1 de abril ao longo de 20 quilómetros
-A actividade inclúe un avituallamento a medio camiño e unha comida en O Guioncho
-A ruta discorrerá por O Guioncho, Gondrás, Castelo, A Senra, Viladesuso, San Ciprián e Lieiro
-O prazo de inscrición está aberto ata o 28 de marzo
Cervo, 17 de marzo de 2012-A asociación Cabaleiros do Xunco organiza, coa colaboración do Concello de Cervo, a cuarta edición da Ruta do Poldro que terá lugar o vindeiro 1 de abril. Trátase dunha actividade non competitiva na que os xinetes se reúnen e completan a cabalo un percorrido duns 20 quilómetros por camiños rurais do municipio. Ademais, ao remate do paseo, as persoas participantes compartirán unha comida en O Guioncho e recibirán un pequeno detalle por parte da organización.
O prazo para apuntarse na ruta está aberto ata o 28 de marzo e para inscribirse deben poñerse en contacto coa asociación Cabaleiros do Xunco. O prezo, de 20 euros, inclúe un avituallamento na metade do camiño, concretamente no campo de fútbol de A Bidueira, e unha comida ao remate da ruta. En canto ao percorrido, os xinetes sairán ás 9:30 horas dende O Guioncho e pasarán por Gondrás, Castelo, A Senra, Viladesuso, San Ciprián e Lieiro para rematar de novo en O Guioncho.
A organización agarda unha boa acollida desta IV Ruta do Poldro que o ano pasado reuniu a unhas 60 persoas procedentes de distintos puntos de Galicia e Asturias. “É unha moi boa ocasión para atoparse con outros xinetes, gozar dun paseo agradable e coñecer os distintos recunchos do municipio cervense dende a perspectiva que da ir a cabalo” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



