NOTA DE PRENSA
intervencións
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas mal limpas
– Estatísticamente os motivos máis frecuentes de saídas de emerxencia son os lumes en vivendas e locais, que se producen entre as 19:00 e as 22:00 horas, en días laborais
– Nos dous primeiros meses do ano, o parque de Barreiros atendeu 17 incidencias, o de Vilalba 24, 17 o de Viveiro, 22 Sarria e 15 Chantada
Máis do 50% das actuacións levadas a cabo polo persoal dos parques do Consorcio Provincial de Bombeiros, organismo integrado ó 50% pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, son as de labores de extinción de incendios en vivendas e locais. Estatísticamente, á vista dos datos reflectidos nos informes de intervención correspondentes ós meses de xaneiro e febreiro, e que confirman a liña habitual dende a posta en marcha dos complexos, e tendo en conta a opinión experta dos bombeiros, a causa que está detrás da maior parte dos incendios atendidos é a acumulación de residuos nas chemineas. Un sinxelo e periódico mantemento sería suficiente para evitar futuros desastres, segundo estes bombeiros.
Así, as estatísticas reflectidas nos informes das actuacións destes dous primeiros meses de 2012, as saídas dos parques, provocadas por este ou calquera outro tipo de incidencias, arroxan datos curiosos e que dan boa mostra do nivel de actividades dos parques do Consorcio: as saídas prodúcense, principalmente, na franxa horaria comprendido entre as 19:00 e as 22:00 horas e en días laborais. Nos seus desprazamentos, os vehículos de todos os parques percorreron un total de 22.266,9 quilómetros. O tempo de actuación, isto é, a suma do tempo transcorrido entre a chamada dos servizos de emerxencia ó parque, a chegada ó lugar do sinistro, as actuacións necesarias (sofocando un incendio, ventilando, limpando, excarcerando ou liberando persoas atrapadas, atallando fugas de auga, etc.) e a volta ó parque é de 2 horas e 30 minutos, o que é un tempo récord segundo a opinión dos expertos, tendo en conta as condicións orográficas do territorio lucense.
Máis datos
Os incendios en naves e locais non son as únicas intervencións dos máis de 100 bombeiros que desempeñan o seu labor nos parques comarcais, dando cobertura ó 90% do territorio da provincia. Entre xaneiro e febreiro, os cinco parques atenderon un total de 95 incidencias. Os informes indican que o parque de Barreiros atendeu 17 incidencias (5 en Foz, 4 en Mondoñedo e 4 en Ribadeo, 2 en Barreiros e 1 en Burela e Alfoz); 17 tamén foron as atendidas polo persoal do parque de Viveiro (14 delas en Viveiro, 2 en Cervo e 1 no Vicedo); pola súa banda, o de Vilalba deu cobertura a 24 emerxencias (8 en Rábade, 4 en Guitiriz e 4 en Xermade, 2 en Pastoriza, e 1 nos Concellos de Vilalba, Abadín e Begonte; o resto de actuacións tiveron lugar fóra do ámbito de actuación dos parques. En canto os de Sarria e Chantada, o primeiro destes parques deu cobertura a 14 incidencias no Concello de Sarria, 1 en Baralla, 3 no Incio, 1en Bóveda, 1 en Folgoso do Courel, 1en Láncara e 1 en Cervantes. Pola súa banda, o persoal do parque de Chantada cubriu 7 emerxencias en Chantada, 2 no Saviñao e nos Concellos de Carballedo, Pantón, Taboada, Monterroso e Portomarín 1 en cada unha deles.
Estas urxencias, segundo a súa natureza, distribuíronse do seguinte xeito: 48 incendios en vivendas e locais, 8 rescates de persoas, 9 excarceracións, 5 fugas de augas ou gas, 5 incendios en vehículos, 7 incendios en contedores ou mobiliario urbano, 3 incendios forestais e 2 incendios en naves. O motivo menos frecuente de saídas foi a limpeza de estradas, polo que tan só se viron na obriga de facer 1 saída.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



