Nota de prensa
ALFONSO FUENTE DILLE AO BNG QUE DEIXE DE FACER DEMAGOXIA CO CONVENIO URBANÍSTICO E QUE O APOIE. O ALCALDE LEMBRA QUE NO SEU DÍA OS PROMOTORES PRESENTARON UNS AVALES BANCARIOS QUE SERVIRÁN PARA FINANCIALO.
Barreiros, 12 de marzo de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, dille ao BNG que deixe de facer demagoxia co convenio urbanístico. E lembra que no seu día os promotores presentaron uns avales bancarios que servirán para financiar dito convenio.
O rexedor dixo que “o BNG preguntaba esta fin de semana cómo se vai financiar o convenio aprobado definitivamente no Consello do goberno galego do pasado xoves. Ao preguntarlle ao presidente da Xunta sobre a participación do Concello de Barreiros dixo que lle preguntasen ao alcalde de Barreiros, e o alcalde de Barreiros diría o mesmo si a min me preguntasen pola participación da Xunta. O que está claro é que os firmantes dese convenio, que non foi o BNG senón que foron o presidente da Xunta, o conselleiro de Infraestructuras, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Barreiros, somos coñecedores do que firmamos”.
Alfonso Fuente sinalou que “ao primeiro parecíame sorprendente que o BNG preguntase por iso, pero despois o que ven acontecendo nestas últimas semanas no seo desta formación me saca esa sorpresa de enriba. O que podo entender é que a portavoz do BNG non se fala co cabeza de lista do BNG en Barreiros, porque Antonio Veiga sabe perfectamente que hai uns avales bancarios presentados polos promotores neste Concello, que son os que están avalando ese convenio. O que cabe pensar é que entre eles non se falan e non se comunican e por eso a portavoz pregunta cómo se vai financiar este convenio”. O alcalde barreirense lembrou que “desde hai anos xa cando se firmou no 2006 o convenio da auga os promotores asinaron un convenio neste Concello do que son coñecedores todos os concelleiros, e sobre todo naquel momento Antonio Veiga, todos saben perfectamente en qué situación están eses avales bancarios, avales que se están executando paulatinamente. A día de hoxe rondan os 2 millóns de euros que temos precisamente nunha conta restrinxida para este convenio e están todos eses avales aí para ilos executando pouco a pouco, a medida que sexa necesario para o Concello”.
Fuente Parga indicou que “tamén é certo que está incluída nese convenio a partida que nos ten que transferir o Ministerio de Fomento pola cesión dun treito da N-634, algo que temos solicitado desde o 2007. Quero lembrar que eles, os nacionalistas, ampararon á ministra de Fomento e despois a José Blanco que estivo varios anos ao frente deste departamento e que algúns din que fixo moito por Lugo. Desde logo por Barreiros o que non fixo foi ceder esa estrada a pesares de insistirlle en numerosas ocasións, de tomar acordos plenarios en distintos momentos e trasladarllos a Fomento. O que non fixo foi ceder esa carretera que leva aparellada a cesión ao noso Concello de 2 millóns de euros destinados á mellora das infraestructuras e servizos do noso concello”.
O alcalde de Barreiros subliñou que “estes dous convenios van cambiar completamente o noso concello, estamos a falar dun investimento moi importante do que van disfrutar todos os veciños e veciñas de Barreiros. Creo que o BNG non ten que darlle máis voltas a este convenio, senón apoialo e que saia para adiante sen estar a facer máis demagoxia con este asunto”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



