Nota de prensa
A VINDEIRA SEMANA TÉCNICOS MUNICIPAIS E DA DIRECCIÓN XERAL DE VIVENDA DA XUNTA COMEZARÁN A PERFILAR A ACTUACIÓN A LEVAR ADIANTE PARA REPARAR OS TELLADOS DAS VIVENDAS DAS CASAS BARATAS. O ALCALDE E UNHA REPRESENTACIÓN DOS VECIÑOS REUNÍRONSE ESTA MAÑÁ EN SANTIAGO CON ANTONIO BONÉ.
Burela, 23 de marzo de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e unha representación dos veciños das Casas Baratas reuníronse esta mañá en Santiago co director xeral de Vivenda, Antonio Boné, co obxectivo de analizar a posible actuación a levar adiante a reparación dos tellados das vivendas das Casas Baratas.
González Barcia lembrou que “a Xunta bipartita, PSOE-BNG, fixo desde o meu punto de vista un anuncio meramente publicitario dunha inversión millonaria, que despois se viu que non tiña soporte económico por ningún lado porque non había consignación presupostaria. O proxecto era técnicamente moi complexo porque implicaba a evacuación das vivendas, os veciños tiñan que saír das súas casas, co cal se demostrou que era totalmente inviable”.
O alcalde burelés explicou que “cando nós estabamos na oposición mantivemos varios encontros cos veciños das Casas Baratas para explicarlles que contaran con todo o noso apoio na medida das nosas posibilidades e para darlles a coñecer o que se podía facer desde a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijoo. Houbo unha reunión co propio Antonio Boné en Burela, houbo unha reunión coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e hoxe empezamos a sentar as bases dunha futura actuación nas Casas Baratas”.
Para José Mª González Barcia “a postura da Xunta quedou definida e clara na reunión de hoxe, creo que os veciños levaron as ideas claras sobre as posibilidades de actuación e a súa posible financiación. Creo que se abre unha porta onde todos, administración autonómica, Concello e veciños teremos moito que dicir”. O rexedor anunciou que “na vindeira semana técnicos do Concello se porán en contacto cos técnicos da Dirección Xeral de Vivenda para concretar xa os pasos que temos que dar de cara a definir a actuación que se queira levar a cabo. Nós cando teñamos todo eso perfilado voltaremos a reunirnos cos veciños xa en Burela e de aí sairá a concreción definitiva do que se vai facer”.
O alcalde de Burela engadiu que “igual que nós lles dixemos aos veciños cando estabamos na oposición e xa estando no goberno que estabamos á súa disposición porque estamos falando de intereses de cidadáns de Burela o Concello tamén se pon á súa disposición para, na medida das nosas posibilidades, aportar as nosas ideas e as nosas suxerencias. Calquera actuación que se leve adiante ao Concello non lle suporá ningún investimento, porque hai outras formas para financiala. E nós non estamos en situación económica como para poder abordar absolutamente nada neste sentido. Nós estaremos cos veciños para definir esa actuación futura, que esperamos resolva os problemas que veñen padecendo e que sexa a mellor para todos”.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



