O BNG REÚNE A SÚA EXECUTIVA PARA ANALIZAR OS RESULTADOS DA FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO
“Veiga valorou moi positivamente a actuación dos mariñaos e mariñás tanto polo cese no traballo como pola súa asistencia masiva ás manifestacións”
Os nacinalistas tamén analizaron as consecuencias que van traer os novos recortes do Estado e da Xunta de Galiza
O BNG celebrou na tarde de hoxe unha xuntanza da súa executiva comarcal da Mariña onde se procedeu a analizar os resultados da folga xeral do 29 de marzo e someteu a estudo a maneira na que están afectando, na Mariña, os recortes que veñen de aprobarse hoxe tanto no Goberno Central como na Xunta de Galiza.
O portavoz do grupo comarcal do BNG, Antonio Veiga valorou moi positivamente a actuación dos mariñaos e mariñás na xornada deste xoves 29 de marzo, tanto polo cese no traballo, como por exemplo en Alcoa, nos portos, en grandes talleres, así como no pequeno comercio, e destacou o carácter histórico desta folga pola asistencia masiva que se produciu na Mariña. “Para nós a xornada de onte vén a significar un punto e a parte na xestión da crise que están levando a cabo tanto desde o goberno do Estado como desde a Xunta de Galiza. Se algo dixo onte a comarca é: basta!, e, neste sentido, desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que é necesario sumar a forza social e política para loitar contra a crise e contra as medidas tan drásticas que se están tomando, e a posta en marcha dun plan de emprego específico para a comarca da Mariña, posto que esta comarca é unha das que máis afectadas se está vendo no que a destrucción de emprego se refire”.
Na reunión de hoxe, os nacionalistas tamén analizaron a proposta de orzamento do Estado, que vén de facer pública hoxe o Consello de Ministros. Neste sentido, o tixereitazo levado a cabo por Rajoy para esta comarca significa a paralización de grandes proxectos de infraestructuras, como é o caso do corredor entre Barreiros e San Cibrao, a paralización de infraestructuras portuarias, así como unha reducción do gasto social. Se non hai investimento público, e se a prestación de servizos sociais se ve reducida, a crise vai contribuír no incremento das desigualdades sociais. Na xornada de onte, os cidadáns pedimos un cambio, e hoxe o que aproba o Estado é máis do mesmo, ou mellor aínda “se non queredes caldo, dúas tazas”.
O orzamento presentado polo goberno do Estado é o resultado do recorte de 1.500 millóns nas políticas de emprego, de maneira que se reducen axudas á cooperación e ao acceso á vivenda; da subida do imposto do tabaco e a eliminación da deducción do Imposto de Sociedades a grandes empresas, do encarecemento das taxas xudiciais e dos recursos, así como da subida da luz e do gas, un 7% e un 5%, respectivamente, entre outras medidas.
Pola súa banda, a Xunta de Galiza vén de facer público no día de hoxe, por medio do Decreto 99/2012 de 16 de marzo, que quedan excluídos da axuda pública por parte da Administración Autonómica os servizos de axuda no fogar en todos aqueles concellos menores de 20.000 habitantes, o que significa que agás a cidade de Lugo, o resto de concellos da provincia terán que financiar con fondos propios o servizo de axuda no fogar.
O custe deste servizo nos concellos lugueses de menos de 20.000 habitantes, entre os que se atopan todos os concellos mariñaos, é de 2.514.000 euros ao ano, cantidade que como é evidente non é asumíbel co presuposto das corporacións locais, máis nun momento no que o goberno do Estado lle van a obrigar ás mesma a aprobar un plan de axuste que limita o gasto social. Non temos dúbida algunha que estamos diante da maior agresión ao sistema de protección social que se ten dado até agora por parte da Xunta de Galiza na provincia de Lugo. Unha agresión que se atendemos ao número de usuarios deste servizo, preto de 30.000 persoas, así como a número de traballadores e traballadoras vinculados ao mesmo, arredor de 2.000, decatámonos da magnitude e da gravidade desta decisión da Xunta de Galiza do PP. Mesmamente, se atendemos á literalidade da norma, pode darse o caso de que os 600.000 euros que a Deputación de Lugo destina a axuda no fogar non poidan chegar nunca ás arcas municipais, posto que no decreto mencionado estabelécese que calquera decisión no ámbito do benestar por parte de organismos que non sexan a Xunta terán que ser aprobados previamente pola administración autonómica.
Este decreto deixa sen posibilidade de cobertura a moitas persoas da nosa comarca, e non só iso, senón que esta decisión vai provocar perda directa de emprego e afondar na fenda social entre a Galiza urbana e a Galiza rural, cando é esta a que concentra unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos. Non é de recibo que un servizo que a día de hoxe era financiado basicamente coas achegas que efectuaba a Deputación e a Xunta se quede sen o respaldo económico, posto que a retirada de dotación orzamentaria por parte da Xunta, inviabiliza que os concellos poidan seguir a prestalo.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



