A Xunta de Goberno de Riotorto acordará o Mércores o seu apoio a Folga Xeral
O Goberno de Riotorto convoca aos veciños a unha concentración o
Xoves 29 ás 12:00h diante da Casa do Concello.
A Xunta de Goberno do Concello de Riotorto aprobará nunha sesión a celebrar o vindeiro mércores 28 o
seu apoio activo a folga xeral a celebrar o 29 de Marzo organizada polas organizacións sindicais así
como a convocatoria dunha concentración o mesmo dia da Folga Xeral ás 12:00 diante da Casa do
Concello de Riotorto.
Segundo adiantou o Alcalde nacionalista de Riotorto, Federico G. Estoa, “ o grupo de goberno de Riotorto
ten claro que esta folga vai co conxunto da poboación, non só cos traballadores activos ou
desempregados, senón tamén cos autónomos, cos pensionistas posto as políticas da Xunta e do
Goberno do Estado condenan ao empobrecemento xeneralizado ao conxunto da sociedade ao mesmo
tempo que operan como elemento que aumenta as desigualdades sociais. Estámonos xogando deixarlle
aos nosos fillos e netos unha sociedade peor que a que nos deixaron os nosos pais e abos, polo que os
veciños de Riotorto non podemos permanecer indiferentes”.
Estoa indicou que “a crise está a ser utilizada polos poderes económicos e o Goberno do Estado e da
Xunta para recortar as pensións, para introducir o copago sanitario, para obrigar aos Concellos a que
cobren pola axuda a domicilio, para aumentar os impostos a quen menos ten sen tocarlle as grandes
fortunas, para destruír emprego e para suprimir os servizos sociais.É máis, as decisións adoptadas até
hoxe e particularmente as que van a comezar aprobarse nos meses vindeiros só teñen o obxectivo de
empobrecer ao conxunto da poboación, pola vía dos recortes das pensións e dos salarios así como
dunha fiscalidade indirecta, e aumentar as desigualdades sociais, como consecuencia do
desmantelamento da sanidade pública e da liquidación do pouco que ficaba do sistema de protección
social”
“Non estamos dispostos a pagar unha crise que nos non provocamos” afirmou o Alcalde de Riotorto para
afirmar a punto seguido que “os veciños e as veciñas de Riotorto temos na nosa mao impedir que estas
decisións vaian para adiante e por conseguinte garantir a gratuidade da sanidade pública ou da axuda a
domicilio, ou dos dereitos laborais e salariais conquistados, ou as pensións,posto que son o resultado das
cotizacións de toda unha vida de traballo. Pero é que os veciños e as veciñas deste Concello, como os de
calquera Concello da Galiza rural, xogámonos aínda moito máis xa que a crise esta a actuar como
ferramenta que aumenta as desigualdades entre os territorios. Non hai dúbida algunha que a Xunta de
Galiza vai dar comezo a súa política de recortes dos servizos públicos naqueles que teñen mesmo
poboación”.
Xa por último Estoa lembrou que “ só hai que facerlle un seguimento as decisións que ven adoptando a
Xunta de Galiza para comprobar que son Concellos como o noso, concellos que responden ao perfil
medio de toda a Galiza interior, onde mellor se percibe a política de recortes en termos de servizos.
Pénsese no Plano de Residencias da Comunidade Autónoma, que prioriza a área atlántica fronte a
interior, ou na decisión adoptada sobre o feche nocturno das farmacias que volve a tocar en Concellos do
tamaño do noso, ou na intención da Xunta de Galiza de non destinar fondos para axuda a domicilio en
Concellos de menos de 20.000 habitantes, ou na redución dos servizos sanitarios. Non é tolerábel que se
penalice a unha persoa por vivir nun Concello da Galiza rural ou nun concello de máis ou menos
habitantes agás que se pretenda rematar de desertizar o noso País ou que a política de recortes se
fundamente nunha mera lóxica electoral”
Nota remitida





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



