O Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo arranca hoxe coa presenza sorpresa de Aritz Aranburu, recén chegado de competir en Australia
– O campión mundial únese ó resto de figuras que estarán hoxe ás 18:00 horas no Cargadoiro de Ribadeo para presentar o evento que dá comezo esta mesma tarde
– O Surf-Camp é un éxito absoluto no que a Deputación tivo que duplicar as prazas previstas, chegando ás 230; terá o sábado pola mañá como un dos escenarios principais a praia de Lóngara
– Os campións Kepa Acero, Adur Letamendía e Jaime Aspiroz, ofrecerán interesantes charlas a partires das 19:00 horas, proxectarase “Year Zero” -mellor película de surf no 2011- e haberá un sorteo de agasallos entre os presentes no Cine Teatro de Ribadeo
Antes de arrincar, o Km0 Surf-Camp xa superou todas as previsións. A Deputación de Lugo viuse obrigada a duplicar as prazas previstas chegando ás 230, mentres que ducias de persoas agardan en lista de espera a súa derradeira oportunidade. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto cos 18 campións presentes esta fin de semana no Surf-Camp, os seis representantes dos clubes da Mariña candidatos a mellor promesa e o resto de membros da organización, estarán hoxe ás 18:00 horas na área recreativa do Cargadoiro, en Ribadeo, para dar o pistoletazo de saída á segunda edición do Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo, que arrinca esta mesma tarde.
Dende esta tarde e ata o vindeiro domingo, o Surf-Camp estará cheo de actividades, todas elas gratuítas, e moitas sorpresas. A primeira destas produciuse nas últimas horas: o campión Aritz Aranburu súmase á impresionante nómina de 18 destacados surfistas que compartirán olas cos participantes neste evento. Aranburu foi invitado pola organización dende un primeiro momento, pero a súa apretada axenda –Aritz está a competir no circuito mundial-, non lle permitiu confirmar ata última hora a súa presenza. Recén chegado dun campionato celebrado en Australia, o campión de Europa en categoría absoluta en 2007 e clasificado para a ASP Top 45 (os 45 mellores surfistas profesionais do mundo) no 2008, organizou o seu tempo para poder estar presente nas praias da Mariña esta fin de semana.
Outra das novidades é que hoxe se deu a coñecer a praia na que terá lugar a exhibición da elite nacional de surf esta sábado pola mañá. Trátase da praia de Lóngara, no Concello de Barreiros, onde a cita é obrigada para todos os que desexen gozar coas habilidades dos campións.
A cantidade e calidade dos campións presentes, o número de participantes en todas as actividades e o bo tempo que, segundo as previsións, reinará na Mariña durante toda a fin de semana, convertirán por segundo ano consecutivo á costa luguesa en referencia turística fóra da tempada estival. O bo ambiente está asegurado pola presenza, non só de todos os participantes, senón tamén dos centos de persoas, entre público e medios de comunicación especializados, que tal e como xa ocorreu o ano pasado, encherán as praias mariñanas.
Actividades para todos os gustos
A programación dá comezo esta mesma tarde ás 19:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo, con entrada gratuíta, coa charla que ofrecerá o campión Kepa Acero e na que dará conta das experiencias vividas durante o seu proxecto “Cinco olas, cinco continentes”, que o levou a dar a volta ó mundo en solitario tentando recuperar o espíritu dos pioneiros, tentando surfear olas nas costas de, por exemplo, Perú, Chile ou Alaska. A continuación, o gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012, Adur Letamendía, contará “Cómo surfear olas grandes, mi experiencia personal”, isto é, cales son as mellores técnicas para cabalgar sobre olas de máis de catro metros. Acto seguido, ás 20:00 horas, Jaime Azpiroz ensinará ós asistentes como escoller as táboas e quillas tendo en conta o tipo de olas que se queiran surfear, así como as necesidades de cada un. Para finalizar esta primeira xornada, ás 21:00 horas, proxectarase o película “Year Zero”, premiada como a mellor de surf do ano 2011 por www.surfermag.com. O día rematará cun sorteo de agasallos entre os asistentes.
Mañá sábado será o primeiro día para botarse á auga. Ás 10:00 horas comezará a exhibición da técnica dos surfistas profesionais, acompañados dos iniciados neste deporte. A praia que será escenario desta expression session darase a coñecer o venres a través de www.km0surfcamp.deputacionlugo.org, xa que a localización dependerá do estado da mar. Pola tarde, na praia focense da Rapadoira, a partires das 16:00 horas, haberá unha sesión de multiactividade na que todos os membros da familia, ademais de surf, poderán practicar outros deportes acuáticos coma kite-surf, paddle surf, scooter, etc. Pola noite o pub Rockuncho, en Ribadeo acollerá, ás 21:30 horas, a entrega de premios ós gañadores desta expression session e ás 22:30 horas unha cena-concerto, coa actuación do grupo galego “Dirty Socks”. Finalmente, o domingo a partir das 12:00 horas e durante toda a mañá, na praia de Esteiro (Xove) celebrarase unha xornada de surf aberta ó público, na que de novo os campións compartirán olas cos principiantes e daranlles consellos personalizados para mellorar desta modalidade.
Campións de luxo
Así pois, Aritz Aranburu únese ó resto de campións que esta fin de semana se converten en embaixadores da Mariña: Kepa Acero -un dos free surfer máis famosos; Adur Letamendía -famoso por surfear grandes olas e actual gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012-; Jaime Azpiroz, Gony Zubizarreta -o surfista galego máis laureado, gañador da última edición do San Miguel Zarautz Pro e 2º clasificado no Pantin Classic, 17ª na clasificación para o circuito mundial (WQS)-, Pablo Solar -actual seleccionador da Federación Española-, Indar Unanue, Marlon Lipke -un dos poucos europeos que acadaron clasificarse nos primeiros postos do circuito mundial-, Hodei Collazo -clasificado na 2ª posición do circuito mundial junior-, Pablo Gutiérrez -actual campión de Europa de surf-, Iván Villalba, Luis Rodríguez – segundo surfista galego máis laureado de todos os tempos-, Pablo Romero, Jaji Iglesias, Dani Aznar, Lucía Martiño, Erika Franco -ocupa a terceira posición do surf feminino español-, David Sastre, Yoli Rodríguez e Loiola Canales -campiona de España Sub-18 no ano 2011-, son outros nomes dos 14 homes e 4 mulleres que serán embaixadores da Mariña polo mundo grazas á súa presenza nas praias lucenses.
Remitido
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
