Nota de prensa
OS SOCIALISTAS RECRIMINAN AO GRUPO POPULAR QUE VOTARAN NEGATIVAMENTE Á SOLICITUDE AO GOBERNO DO PROFESORADO ESPECIALIZADO QUE RECLAMA O CEIP DE COVAS, EN VIVEIRO
O deputado autor da inicitiva, Ismael Rego, afirma que a comunidade educativa non merece a “agresión” da Xunta e do Partido Popular que lles nega reiteradamente o persoal e o profesorado de apoio necesario
O parlamentario socialista reprocha que “os mesmos que gastaron tres millóns de euros en derribar un centro educativo na comarca néguenlle o investimento preciso” a unha comunidade educativa que voluntariamente está a dar cobertura a esas necesidades “e que seguirá reivindicando o seu dereito a unha educación equitativa e de calidade”
Santiago, 21 de marzo de 2012. O parlamentario socialista, Ismael Rego, ven de recriminar ao Grupo Popular que, co seu voto negativo á proposición non de lei que presentou hoxe en comisión, deixara patente a súa posición en contra dos pais, das nais e do profesorado que conforma a comunidade educativa do CEIP de Covas, en Viveiro, que veñen reclamando de xeito reiterado que a Consellería de Educación dóteos dos medios materiais e humanos precisos para garantirlles unha educación equitativa e de calidade, á que, defendeu Rego, teñen dereito.
Ismael Rego puxo en valor o traballo desta comunidade educativa á que cualificou de “moi viva”, con unha enorme vocación de integración e preocupada por manter o nivel educativo do centro, a pesares das limitacións coas que se atopan para ofrecer un ensino de calidade.
O deputado socialista reprochou á parlamentaria popular, Yáñez García, que se escudase no catálogo e nas directrices da Consellería para negar o evidente, “que o centro, con importante presenza de alumnado que precisa de coidadores, veu minorando a plantilla de profesores e orientadores pedagóxicos especializados na integración”.
Considera Rego que “mentres vostedes -en referencia ao Grupo Popular- argumentan que o profesorado aumentou a realidade é que minorou o existente e teñen que compartilo co centro de O Vicedo”.
Por iso considera que a resposta negativa á iniciativa socialista é “unha agresión aos cidadáns” que a Ampa e o profesorado do CEIP de Covas non se merece, e en menor medida aínda “ do Goberno Popular, ao que non lle importou gastar tres millóns de euros en derribar un centro educativo para facer unha praza nesa mesma comarca”, afirma Rego.
O parlamentario socialista advertiu que “imos insistir” e que “a comunidade educativa non vai parar” nas súas reivindicacións . Argumenta Rego que o que a Xunta e o Grupo Popular considera un despilfarro outros o consideramos un investimento. Non entende cómo o Partido Popular con representación parlamentaria na zona que coñece a situación do centro, mantén esta comunidade educativa “nun estado de necesidade por uns especialistas que vostedes lles negan”, dixo.
UNHA INCOMPRENSIBLE NEGATIVA A UNHA XUSTA REIVINDICACIÓN
O parlamentario socialista defendeu na comisión parlamentaria de Educación as reivindicacións da comunidade educativa do CEIP de Covas, no concello de Viveiro, que leva meses reclamando dos responsables da Consellería de Educación a dotación de profesorado acorde coas necesidades do centro derivadas do número de alumnos e as singularidades da poboación educativa que ten que atender.
O deputado Ismael Rego manifestou que os pais e nais e o profesorado do centro están a procurar unha resposta obxectiva dos responsables da administración educativa de Galicia para garantirlles ao alumnado os medios materiais e humanos que lles permitan recibir unha educación equitativa e de calidade á que teñen dereito, como recolle o propio decreto do Goberno galego.
Para Rego González non parece razoable que sexan os pais os que teñan que estar dedicando o seu tempo a reivindicar medios educativos que xa están previstos en decretos e resolucións do Goberno galego para garantir os dereitos de toda a comunidade educativa e para garantir o ensino público de calidade que sustentan os recursos que proceden dos seus impostos.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



