Nota de prensa
O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, asegura que esta é a auténtica prioridade para o impulso económico e laboral da Mariña lucense
O PP LOITARÁ POLA APERTURA AO TRÁFICO COMERCIAL XERAL DO DIQUE NORTE DE MORÁS
A proposta do PSOE de transferir á Xunta a titularidade do Porto de San Ciprián suporía unha nova carga para aos galegos que terían que asumir cos seus impostos o custe das obras de adaptación deste dique portuario.
Santiago, 2 de marzo de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu hoxe no debate que tivo lugar na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia que a “a auténtica prioridade e o paso previo a calquera outra medida” é o de iniciar as negociacións oportunas coa multinacional Alcoa ao obxecto de conseguir a apertura ao tráfico comercial xeral do dique de Morás. O parlamentario popular espera que o cambio de Goberno en España propicie o inicio destas negociacións que durante os oito anos de lexislatura socialista non se teñen producido.
SÓ O PP TOMOU A INICIATIVA
Jose Manuel Balseiro tamén lembrou que en todo este tempo de reivindicacións e promesas incumpridas foi o Partido Popular quen, tras acceder á responsabilidade de Goberno da Xunta, “deu un paso decisivo” en relación con esta asunto. O deputado popular explicou que foi “o Goberno galego a única administración que fixo os deberes e puxo derriba da mesa, no 2009, un informe técnico, xurídico e económico que avala a viabilidade desta apertura”.
O PSOE NON ACEPTOU A EMENDA
Tanto a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico comercial xeral como a posterior creación da autoridade portuaria da Mariña lucense eran os pasos que o Grupo Popular defendía a través dunha emenda que non foi aceptada polo PSOE. A negativa dos socialistas a asumir estes postulados obrigou aos deputados populares a votar en contra da inicaitiva socialista que, polo tanto, non foi aprobada ao non contar cos votos suficientes.
CONTRADICIÓNS SOCIALISTAS
Balseiro puxo de relevo que fronte a posición que sempre defendeu o PP favorable a que o dique de Morás puidera asumir novos tráficos comerciais distintos dos de Alcoa, o PSOE ten protagonizado continuos cambios de posturas e incluso mantendo posicións contraditorias.
O proio deputado socialista Ismael Rego defendía xusto o contrario ao que pedía hoxe, cando en declaracións públicas efectuadas no ano 2009 aseguraba que transferir á Xunta o porto de San Ciprián podería provocar un impacto negativo no proxecto industrial de Alcoa así como no resto dos portos de titularidade autonómica como Celerio, Burela e Ribadeo”
A TRANSFERENCIA DO PORTO: UNHA NOVA CARGA
O Grupo popular considera errada a proposta socialista para que o Estado transfira á Xunta a titularidade do porto comercial de San Ciprián. En opinión de Jose Manuel Balseiro esta petición suporía unha carga para os galegos por canto tería que ser a Xunta quen asumira o custe de adaptar o dique norte aos novos tráficos portuarios. Balseiro asegura que si o PSOE hoxe mantén esta postura é tanto como recoñecer que o Ministerio de Fomento e o seu ministro, Jose Blanco non fixeron nada por este porto durante oito anos e polo tanto que o resultado da súa xestión foi francamente negativo para a Mariña lucense.
EQUILIBRIO NA REPRESENTAICÓN DA XUNTA
Finalmente Balseiro lembrou ante a petición nacionalista do cambio na composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián que esta decisión non depende da Xunta, posto que a súa estrutura aparece regulada nunha lei estatal. Pola contra, o deputdo popular, significou que os catro vocais integrantes deste órgano que propón e nomea directamente o Goberno galego xa están equilibrados.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



