A voceira dos populares lamenta que a Deputación pretenda enganar aos cidadáns nun tema tan delicado como este
Candia: É totalmente falso que a Xunta de Galicia deixe sen subvención para axuda no fogar aos concellos de Lugo
. Os populares afirman que a Deputación ten que asumir as súas obligas, e a cantidades que ten consignadas en orzamentos, distribuilos en coordinación con xunta e cos concellos
.”Os servizos de Benestar social deben financiarse cumplindo a lei e requiren dunha necesidade de coordinación”
Lugo, 31 de marzo de 2012. A voceira provincial do PP en Lugo, Elena Candia respondeu as declaracións do Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, cando afirmou que o goberno galego deixaría sen subvención aos Concellos de Lugo no tocante a axuda no fogar.
Candia explicou que o que trae consigo o novo decreto é precisamente dar resposta ás demandas dos Concellos que pedían unha axilización no financiamento e dar cumplimento a normativa que establecía a Lei de Servizos Sociais e que ata agora non se atopaba desenvolvida.
“Este é o cambio que establece con respecto ao que se coñecía como Plan Concertado”-afirma Candia.
A voceira dos populares lucenses tamén explicou as vías de financiamento: forma de financiamento, que se fara por dúas vías: 1- pola do servizo de axuda no fogar, dependencia(que é a maior parte do servizo de axuda no fogar -da que tamén hai prestación básica-), quese liquidará de xeito trimestral, cando ata agora era anual, e 2- os servizos sociais básicos, que ata agora estaban englobados no denominado Plan Concertado.
Son fundamentalmente o persoal de servizos sociais e o Servizo de axuda no fogar de prestación básica.
Elena Candia asegura que se a deputación lera correctamente o novo decreto podería saber perfectamente que a Xunta de Galicia, concretamente aquí, a Consellería de Traballo e Benestar, segundo esta normativa financiará o Servicio de Asistencia no Fogar, dependencia e os traballadores sociais (os “profesionais de referencia”) de ABSOLUTAMENTE TODOS os concellos de Galicia e, por suposto, de Lugo.
Di Candia, que a maiores, a aqueles concellos de máis de 20.000 habitantes –ou aqueles que se unan para superar este límite de poboación- a Xunta financiaralles o servizo de axuda no fogar básico e o resto de persoal.
Lembra a voceira dos populares que o único cambio que se establece neste novo decreto é o que se realiza para desenvolver a Lei de administración local e a Lei de Servizos sociais, que establecen que as deputacións deben colaborar economicamente e prestar asistencia técnica aos concellos, especialmente aos de menos de 20.000 habitantes. Neste sentido, no decreto establécese que as deputacións apoiarán principalmente o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar básico e do resto de persoal –isto é, aqueles que non sexan traballadores sociais, que xa financia a Xunta- dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Manifesta a voceira dos populares na Deputación de Lugo, que o único que está tentando a Deputación é enganar aos concellos ao dicir que son os concellos quen deben abonar este programa con fondos propios, cando o decreto establece claramente que é o organismo provicial quen debe colaborar no seu financiamento.