Nota de prensa
J
aime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que unha vez máis temos que denunciar publicamente a información que nos comunican os veciños da pouca ou nula atención que se está a facer por parte do E.Goberno de Foz polo mantemento de zonas de recreo, a pesar que para tal fin, se contratou unha empresa externa para estes traballos no que por lo menos se gastou máis de 60.000 €.
Neste caso ,nos estamos a referir a A.Recreativa de Río, e axuntamos fotos como testemuña da situación na que se encontra, pois segundo nos comentan os veciños xa comunicaron esta situación ao Concello pero ninguén lle fai caso.
Todo isto está a pasar pola falla de planificación e organización dos medios dispoñibles de este E.Goberno que fai o mantemento das areas de recreo segundo os veciños proceden a facer denuncia pública e non segundo un planing concreto de necesidades .Por todo o exposto
SOLICITA:
Que se tomen as medidas oportunas e se proceda a limpeza da A.recreativa de Río, e se tomen as medidas oportunas para a súa conservación.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



