O CONCELLO CONTRATA TEMPORALMENTE A CATRO OPERARIOS PARA O SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE E A 1 TÉCNICO TAMÉN PARA ESTE DEPARTAMENTO.
Ribadeo, 17 de abril de 2012. O Concello contrata a 4 operarios para o servizo de Medio Ambiente. O contrato realizaráse pola modalidade de eventual por circunstancias da producción por un período de 6 meses e a xornada completa. Ditos traballadores realizarán labores de desbroce, limpeza viaria, recollida de lixo e residuos urbanos e apoio á área de xardiñería, entre outras).
Entre os requisitos específicos que se esixen figuran estar en posesión do certificado de escolaridade, graduado escolar, ESO, equivalente ou superior e ter o carnet de conducir da clase B1. Haberá unha proba práctica e unha proba escrita. Valoraránse os cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologadas, o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro.
A documentación deberá presentarse como máximo ata as 14 horas do vindeiro 23 de abril no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello de Ribadeo. A proba e selección de persoal serán o 25 de abril ás 16:30 horas na Casa do Concello.
O Concello tamén contrata a un técnico de Medio Ambiente pola modalidade de contratación laboral por obra ou servizo determinado durante un prazo de 6 meses a xornada completa. O requisito específico que se esixe é estar en posesión dunha licenciatura universitaria. Haberá unha proba escrita e unha entrevista curricular e valoraránse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellanto ao da praza á que se opta, o coñecemento do idioma galego, a antigüidade no paro, a titulación e os cursos directamente relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologadas.
A documentación deberá presentarse como máximo ata as 14 horas do 24 de abril no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello de Ribadeo. As probas e selección de persoal serán o 30 de abril ás 17 horas na Casa do Concello.
Remitido






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



