Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez , presenta a seguinte MOCIÓN :
O noso Pobo, ten un dos potenciais turísticos nas nosas praias , sendo un dos reclamos turísticos máis importante.
E pois necesario replantear o servizo de calidade que ofrecemos nos areais, dadas a circunstancias económicas e os recortes que se están a facer dende a Xunta de Galicia.
A limpeza , accesibilidade, mantemento, socorrismo, son elementos que non podemos descoidar, a pesar da situación económica, pois pode ser este un factor que nos permita crecer turísticamente ou todo o contrario.
A limpeza dos areais de forma mecanizada, é coñecida e empregada por moitos concellos da primeira liña turística que defenden a calidade na limpeza, polo que consideramos que é o momento de que Foz poda dispor de unha Máquina limpa-praias, si ben está dotación para solo o noso concello, podíase considerar como infrautilizada, polo que é necesario buscar fórmulas mancomunadas con Concellos limítrofes para unha correcta utilidade.Por todo isto UNIFOZ, PRESENTA ESTA MOCIÓN , SOLICITANDO ACORDO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL PARA INSTAR A DEPUTACIÓN PROVINCIAL A SINATURA DE ACORDOS CON NOSO CONCELLO E CONCELLOS LIMITROFES PARA A DOTACIÓN DE UNHA MÁQUINA LIMPIA-PRAIAS PARA SER EMPREGADA POLOS MESMOS.
Remitido