Orde do día do pleno ordinario que se celebrará no Concello de Burela o vindeiro xoves, 31 de maio, a partires das 20 horas. Os asuntos máis destacados, segundo o alcalde, José Mª González Barcia, son as solicitudes ao Ministerio de Fomento de transmisión de titularidade da vía de servizo da variante. Por un lado o treito que vai desde a raqueta do hospital ata O Torno e por outro o tramo que discorre entre Areoura e o centro sanitario. No primeiro caso (hospital-Torno) o rexedor aseguraba hai uns días que “é moi imporante que este treito sexa da nosa competencia de cara ao desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenacion Municipal”.
ORDE DO DÍA
DECRETO ALCALDÍA Nº 370/2012
ÓRGANO COLEXIADO: PLENO
DATA SESION: 31 DE MAIO 2012
CARÁCTER:ORDINARIA
O Alcalde, en cumprimento do establecido no artigo 21.1. c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVE:
PRIMEIRO: Convocar, para o vindeiro día 31 de maio do 2012, en primeira convocatoria, sesión ordinaria do Pleno Corporativo, ás 20,00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria, en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA
1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES: DO 29 DE MARZO, 23 E 27 DE ABRIL E 11 DE MAIO DO 2012.
2º.- DACION DE CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA DENDE O Nº 200 DO 22 DE MARZO DO 2012, ATA O DÍA DA CONVOCATORIA
3º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 2/2012: SUPLEMENTO DE CREDITO.
4º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITOS Nº 2/2012.
5º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE DA SOLICITUDE AO MINISTERIO DE FOMENTO DA TRANSMISIÓN DE TITULARIDADE DA VÍA DE SERVIZO DA VARIANTE (TRAMO A).
6º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE AO MINISTERIO DE FOMENTO DA TRANSMISIÓN DE TITULARIDADE DA VÍA DE SERVIZO DA VARIANTE (TRAMO B).
7º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DA TRANSMISIÓN DE TITULARIDADE DO TRAMO PARCIAL DA VIAL –TRAMO URBANO.
8º.- MOCIÓNS
9º.- ROGOS E PREGUNTAS
SEGUNDO: Notificar a presente Resolución ós Sres. Concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme ó disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO: Que pola Secretaría se poña a disposición dos Sres. Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando á convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



