“VERÁN 2012 XUVENTUDE” NO CONCELLO DE XOVE
Acaba de presentarse o o PROGRAMA “VERÁN 2012 XUVENTUDE” no Concello, o cal está sendo enviado a tódalas casas do Municipio, e no cal se recollen multitude de actividades que se van desenvolver os vindeiros meses. Ao frente deste Programa está a Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, participando no mesmo a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), a Delegación de Xuventude e o Laboratorio de Investigación Social do Concello.
Dentro das actividades englobadas temos a recuperación das rutas ao Santuario de San Antonio de A Rigueira. O 13 de xuño celébrase esta Romaría e póñense a disposición dos caminantes 8 rutas sinalizadas ata a capela. Cada Romeiro disporá dun carné de romaxe personalizado que lle ha servir para gañar a VENTURA (insignia de Romeiro) e a flor de San Antonio. Para unha maior información, dirixirse ao Laboratorio de Investigación Social do Concello ou no email lucia@xove.es.
Amáis desta actividade, o Programa comprende moitas outras:
Xuño:
-Sábado 23.- Iº Torneo de Wii, para participantes de 12 anos en diante. Inscrición ata o 20 de xuño.
Xullo:
-“Encontros para a saúde: Taller de Memoria”. Vaise desenvolver no mes de xullo para persoas maiores de 60 anos. Inscrición ata o 27 de xuño xunto de Angélica (Educadora Familiar). Actividade do Departamento de Educación Familiar.
-Do 2 ao 27.- Cursos de Informática para nenos/as de idades de 6 a 12 anos. Inscrición na OMIX do 13 ao 29 de xuño.
-Martes 3.- Paint Ball para rapaces/as de 12 a 18 anos. Inscrición do 1 ao 26 de xuño na OMIX.
-Sábad 14.- Viaxe a Cerceda, para rapaces/as de 13 a 35 anos. Inscrición ata o 8 de xullo.
-Sábado, 28 de xullo.- Paint Ball para maiores de 18 anos. Inscrición ata o 20 de xullo.
Agosto:
-Xoves 2 e venres 3.- Campamento para nenos/rapaces/as de 10 a 16 anos. Inscrición ata o 24 de xullo.
-Martes 14 de agosto.- Día da Xuventude dentro das Festas Patronais. Distintas actividades dirixidas a xóvenes entre 10 e 35 anos.
Setembro:
-Viaxe ao Kartódromo de Tapia.- Actividade para xoves de 16 a 35 anos. Mínimo de 20 persoas. Inscrición ata o 26 de agosto.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



