“A área de Turismo do Concello de Viveiro convoca para o venres 15 de xuño un FORO DE TURISMO, para analizar a promoción turística de Viveiro”
“Dende a área de turismo queremos darlle voz a todos os sectores do Concello de Viveiro, interesados e implicados na promoción turística de Viveiro, co obxetivo de mellorar a difusión e imaxe do noso Concello, así como solicitar a colaboración de comercio e hostelería para realizar a promoción turística conxuntamente”
Viveiro, Sábado 26 de maio de 2012
Os responsables da Área de Obras, Cultura e Turismo do Concello de Viveiro, o Tenente de Alcalde Bernardo Fraga e a Concelleira de Turismo Olaia Casas, fixeron esta mañá unha rolda de prensa, no paseo marítimo de Covas, para convocar por primeira vez en Viveiro, un FORO DE TURISMO.
“A elección do emprazamento para a convocatoria do foro de turismo non é casual, xa que Os Castelos de Covas, son un dos grandes atractivos que presenta o noso Concello dentro da fermosa Praia urbana de Viveiro” dixo Olaia Casas.
Bernardo Fraga indicou “esta convocatoria, ten un obxetivo moi claro, queremos realizar unha reflexión conxuntamente cos sectores comercial, hosteleiro e turístico de Viveiro, sobre a promoción turística que se está a realizar, co fin de mellorala sustancialmente co apoio de todos”, ademais, engadiu “Na situación económica actual, o traballo conxunto, é máis preciso que nunca, sobre todo para impulsar un dos sectores máis importantes da economía local”
Olaia Casas comentou “Unha das propostas que levaremos dende o Goberno Municipal ao Foro de Turismo, será a creación do Patronato de Turismo de Viveiro, con presenza de representantes de todolos sectores implicados na promoción turística, para que xuntemos todos os esforzos posibles para convertir a Viveiro como capital da Mariña, no maior referente turístico do noso entorno”
Fraga indicou “é moi importante unha gran participación neste foro, xa que coa voz e opinión de todas e todos, será moito máis fácil programar unha promoción turística de calidade e con proxección de futuro” “Os patronatos de turismo funcionan con moi bos resultados noutras vilas e cidades de Galiza e do Estado, xa que implican ao sector na promoción, e o turismo se convirte nunha acción conxunta da administración e do sector, nunha suma de esforzos, que dende a Área de Turismo do Concello de Viveiro estamos convencidos que dará moi bos resultados”
A convocatoria do foro de turismo, é para o venres día 15 de xuño ás 11 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.