O BURELA FS CONTA UN ANO MÁIS CO APOIO DA DEPUTACIÓN DE LUGO
![]()
O presidente do CD Burela FS, José Ramón González Casas, foi recibido a semana pasada polo vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, nas dependencias de San Marcos en Lugo, para asinar un convenio de colaboración entre a institución e o club mariñán.
A entidade laranxa beneficiarase dunha achega contemplada no Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación para o ano 2012, destinada a cubrir parte dos gastos da tempada do CD Burela FS. Coa cantidade concedida pola Área de Deportes da Deputación, o club burelista realizará actividades de promoción do deporte de base e participará nas competicións deportivas que correspondan.
“O CD Burela FS está a experimentar un extraordinario crecemento en canto a masa social e expectativas deportivas, desde a mesma data da súa creación. O seu traballo polo deporte de base na Mariña é continuo, tanto por éxitos acadados coma por actividades que realiza de fomento do deporte a todos os niveis”, apuntou Antonio Veiga. Pola súa banda, José Ramón González Casas agradeceu o apoio amosado dende a Deputación de Lugo á entidade laranxa “nunha época na que as axudas ao deporte se están reducindo substancialmente e nuns tempos nos que os clubs temos que facer auténticas heroicidades ás veces para seguir adiante co nosos proxectos deportivos e formativos”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
