A Deputación incrementa nun 25% as axudas a Preescolar na Casa con 65.000 euros
– A institución aumenta as súas achegas logo de que o Goberno galego suprimise a subvención de 500.000 euros ó programa que fomenta a igualdade de oportunidades educativas no rural
– Segundo datos oficiais, a decisión da Xunta obrigou ó recorte deste servizo en 72 Concellos galegos, atendendo a 2.000 familias menos e reducindo os postos de traballo en 10 persoas
– Coas axudas de Deputación e primando ás zonas de maior dispersión xeográfica, Preescolar cubre en Lugo ó 85% dos municipios con 9 profesionais que atenden a 1.500 usuarios
– A Deputacion situará 90 sinais en todos os accesos a Terras do Miño e Os Ancares con fondos dun convenio co Ministerio de Medio Ambienta que o actual Goberno Central non reeditará
A Deputación de Lugo incrementa nun 25% as axudas a Preescolar na Casa, achegando un total de 65.000 euros co fin de garantir a continuidade deste programa. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou que a Xunta de Goberno deste venres aprobou un novo convenio mediante o cal a área de Presidencia da institución luguesa concede a dita Fundación 50.000 euros. Pola súa banda, o voceiro provincial do BNG, Mario Outeiro, adiantou que o departamento de Cultura outorgará outros 15.000 euros. O ano pasado, as axudas sumaron 52.000 euros. Isto supón que as achegas do organismo provincial a Preescolar na Casa se incrementen nun 25% este ano.
Martínez explicou que este aumento débese á necesidade de financiamento para a permanencia desta iniciativa logo dos recortes aplicados pola Xunta. E é que a Consellería de Traballo e Benestar decidiu suprimir a subvención de 500.000 euros que todos os anos concedía a Preescolar na Casa. Neste senso, salientou que “dentro das nosas posibilidades e cun orzamento infinitamente inferior ó do Goberno galego, facemos un novo esforzo inversor fronte a unha administración, como a Xunta, que preferíu adicar 400.000 euros á retransmisión das misas pola televisión autonómica que a unha iniciativa única para fomentar a igualdade de oportunidades educativas no rural galego”.
Os recortes do Executivo autonómico obrigaron a paralizar durante meses as prestacións de Preescolar na Casa. A Fundación puido remotar a súa actividade logo de recibir unha axuda do Ministerio de Sanidade con cargo ó IRPF acadada en novembro, “co anterior Goberno Central do PSOE”, remarcou o Deputado, e dotada de 505.000 euros. Na actualidade, funciona con esta subvención, así como coas achegas dende a Deputación de Lugo e, en menor medida, coas concedidas dende os Concellos como, por exemplo, o de Lugo.
Consecuencias da decisión da Xunta
Nembargantes, segundo datos oficiais de Preescolar na Casa non feitos públicos ata o momento, a anulación da subvención por parte da Xunta conlevou recortes no seu servizo. Deste xeito, actualmente, Preescolar na Casa está presente en 195 Concellos galegos, é dicir, no 62% do total, cando antes atendía ó 85%, que representaban 267 municipios. Atende a 6.000 usuarios, familias con nenos de entre 0 a 3 anos. Son 2.000 menos que en 2011. Conta con 32 docentes e 9 funcionarios cedidos pola Xunta. Antes tiña 42 contratados e 13 funcionarios cedidos.
Lugo padeceu en menor medida “a tixeira do PP” pola colaboración da Deputación e as prioridades establecidas por Preescolar na Casa, primando os seus servizos nas zonas con máis dispersión xeográfica e centralizando esforzos na Montaña luguesa. Deste xeito, hoxe atende ó 85% dos municipios lugueses, é dicir, está presente en 57. Anteriormente, cubría case a totalidade, 65 dos 67 Concellos, todos agás Negueira de Muñiz e Ourol debido a ausencia de demanda. Conta con 1.500 usuarios cando, anteriormente, eran 2.000 as familias e nenos. Para elo, desprázanse por 106 puntos de atención distribuidos pola provincia e facilitados polos Concellos, 9 profesionais, 5 menos que en 2011.
Como mostra da importancia de Preescolar na Casa en Lugo, é salientable o feito de que en 20 Concellos lugueses este programa é o único servizo educativo para nenos de entre 0 a 3 anos, que non contan con escolas infantís nos seus municipios. Estes son os seguintes: Alfoz, Baleira, Begonte, Castroverde, O Corgo, Guntín, Muras, As Nogais, Ourol, Paradela, O Páramo, Pedrafita, A Pontenova, Portomarín, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Triacastela e Xermade.
Sinalización das Reservas
Manuel Martínez avanzou que a Deputación prosegue coa promoción da riqueza medioambiental dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares, cun novo proxecto de sinalización, enmarcado no convenio co Ministerio de Medio Ambiente de 1 millón de euros. A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación desta iniciativa, dotada de 100.000 euros, cofinanciados nun 70% polo Goberno Central e nun 30% pola institución provincial.
Consiste na colocación de 90 sinais nos puntos de entrada e saída de ditas Reservas da Biosfera, así como naquelas zonas de maior riqueza destes espazos naturais recoñecidos pola Unesco. Por exemplo, no Complexo Húmido da Terra Cha. Para elo, o organsimo provincial xa solicitou tanto ó Ministerio de Fomento como á Consellería de Infraestruturas os permisos pertinentes co fin de levar estas sinais a estradas, non só provincias, senón autonómicas e estatais. O obxectivo, destacou o Deputado, “é marcar todos os accesos, priorizando aquelas zonas que rexistran unha maior densidade de tráfico, levando máis sinais, pero sen facer distincións por cores políticas, tratando a todos por igual, porque é un proxecto que afecta á totalidade dos municipios que compoñen as Reservas da Biosfera que xestiona a Deputación de Lugo”.
Máis recortes do PP
Con esta nova iniciativa, remarcou o voceiro, “seguimos marcando claras distincións coa Xunta de Galicia”, administración responsable da Reserva de Eo-Oscos-Terras de Burón, que afecta a 7 Concellos lugueses que, nin tan sequera, conta co Órgano de Xestión imprescindible para potenciar este espazo natural. “Fronte ós lamentos pola crise do Goberno galego como pretexto para non facer nada, esta institución segue a actuar para xerar riqueza na provincia, reiventándose e buscando alternativas, como este proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, dirixido a responsables das Reservas da Biosfera e cuxos fondos, 1 millón de euros, acadamos en 2010, é dicir, co anterior Goberno Central”. Neste senso, adiantou que “seguindo coa política da tixeira do Partido Popular, nin este ano nin en 2013, tal e como xa nos adiantaron, os xestores de Reservas non teremos novos fondos”. E é que o Ministerio de Medio Ambiente non ten prevista convocará estes convenios.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



