BURELA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UN CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO PARA FOMENTAR A ADOPCIÓN DE CONDUTAS MÁIS SOSTIBLES E RESPONSABLES CO NOSO PLANETA.
Burela, 3 de maio de 2012. A Concellería de Mar e Medio Ambiente organiza un ciclo de cine ambiental e solidario denominado Butaka verde co obxectivo de fomentar a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables co noso planeta. As proxeccións serán na Casa da Cultura os días 7, 8 e 10 de maio a partires das 19:30 horas. A entrada é gratuíta e aberta ao público en xeral.
A edil de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “o que pretendemos é fomentar e facilitar a realización de actividades de carácter ambiental e provocar, con elas , a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables co nós e co noso planeta”.
A primeira das proxeccións será o vindeiro luns, 7 de maio. Trátase de Al calor de las chimeneas. O desenrolo enerxético en España aumenta desorbitadamente, a queima de combustibles fósiles conleva un cambio climático, pero ameaza mais a corto prazo á xente que vive xunto ás grandes industrias, zonas degradadas que albergan agora historias de familias con malformacións e a mais alta taxa de mortalidade de España. O medio ambiente é outro gran perxudicado, vertidos ao mar, choiva ácida e un quentamento tanto das súas augas como da atmósfera centran este documental.
O martes 8 de maio proxectaráse o filme Retratos en los confines del mundo. O Sahara foi sempre o noso deserto, un icono da xeografía sentimental. A adhesión dunha gran parte da sociedade española á causa saharaui é inquebrantable. A axuda humanitaria e alimentaria desde a cooperación dirixida aos refuxiados saharauis é o punto de partida deste documental.
E o xoves 10 de maio será o momento de poder ver Labregos do mar, dirixido por Cibrán Isasi. Neste documental poderáse ver en qué consiste e como se vive unha costeira do bonito, as descargas de peixe, a poxa, pero tamén a pesca. Armadores, poxadores, xente do mar, pero tamén os mariñeiros e as súas familias contan como é a súa vida, as súas vivencias, como é a vida en alta mar e cando están en terra.
Remitido




















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



