III Xuntanza Aberta na Mariña.
BURELA, SÁBADO 26 DE MAIO DAS 19:00h ÁS 21:00h
Salón de Conferencias (Antiga Bilioteca), perto da estación do tren.
As Xuntanzas, como xa moitxs saberedes estanse celebrando polos distintos concellos da Mariña co obxectivo de crear entre todas e todos unha Nova Organización Política para Galicia, que teña en conta as necesidades da poboación da comarca e dos seus concellos, e que teña un xeito de funcionar radicalmente diferente aos partidos políticos que actualmente existen e cos que non nos sentimos identificadxs nin representadxs.
Queremos unha Nova organización, de esquerdas e galega no seu sentido máis plural e aberto, que represente os intereses dese 99% que somos a maioría social que traballa para poder gañarse a vida.
Nesta III Xuntanza Aberta na Mariña temos a seguinte orde do día:
1) Presentación dos principios ideolóxicos comúns nos que estamos traballando como proposta para a nova organización política dende a Mariña.
2) Nomeamento dunha Coordenadora Provisional: para organizar a IV Xuntanza Aberta na Mariña (que será unha asemblea constituinte da Nova Organización na Mariña), así como para elaborar os textos polos que se rexerá a nova organización, así como os planos de traballo para a mesma (que tamén terán que debatirse, emendarse e aprobarse na IV Xuntanza para ser válidos).










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



