As Escolas Deportivas despediron o curso con actividades lúdicas, exhibicións e a entrega de diplomas
-Unhas 200 persoas, entre nenos e adultos, participaron nalgunha das 11 disciplinas ofertadas
Cervo, 25 de maio de 2012-O pavillón do CEIP de Cervo acolleu esta tarde a clausura das Escolas Deportivas, un evento co que o alumnado despediu o curso 2011-2012 e que contou con diversas actividades, pensadas especialmente para os máis pequenos, que é o público máis maioritario da oferta deportiva municipal.
![]()
O programa comezaba ás 18:30 horas, cando nenos e nenas puideron gozar de xogos con inchables. As actividades continuaron ás 20:00 horas coa exhibición de patinaxe artística ofrecida polo alumnado das Escolas Deportivas desta disciplina. Rematada a demostración, chegou o momento da clausura oficial, na que o alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, fixeron entrega de medallas aos participantes na exhibición, así como dos diplomas a todos os alumnos e alumnas nas Escolas Deportivas deste curso. Durante o evento tamén se repartiu a revista oficial da das EDM e se amosaron as fotografías relativas a este curso.
Foron preto de 200 persoas, entre nenos e adultos, as que participaron nas Escolas Deportivas nesta temporada 2011-2012. A oferta era moi variada, e os deportistas puideron elixir entre numerosas disciplinas. Para os nenos e nenas impartiuse fútbol-sala, baloncesto, patinaxe, tenis, deporte de raqueta (tenis de mesa e bádminton), baile deportivo, xogo-landia e atletismo. En canto aos adultos, practicaron aeróbic, ximnasia de mantemento e pilates. En total foron 11 as disciplinas ofertadas e, no caso dos cativos, cada unha delas estivo dividida en distintas categorías segundo as idades.
Para o goberno local as Escolas Deportivas “son unha opción ideal para os cervenses, xa que poden elixir entre unha ampla oferta de disciplinas e deste xeito, teñen a posibilidade de practicar o deporte que máis lles guste ou aquel que vaia a favor do seu benestar” asegura o rexedor, Alfonso Villares. “Levamos dende o 2007 apostando de forma ininterrompida pola formación deportiva a través destas escolas municipais e pretendemos seguir dándolles continuidade”, engade o mandatario cervense, “como un xeito de favorecer a vida saudable a través do deporte, un dos eixes fundamentais das nosas accións de goberno”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
