Este martes, terça-feira, celebrou-se em Burela o Maratom de Leitura, organizado polo colectivo cultural Buril, ao que assistiu um grande número de pessoas.
De manhá foi o turno dos centros de ensino da vila. O Maratom começou com o I.E.S. Monte Castelo, que deu leitura a poemas do livro Onde o mundo de chama Celenova, de Celso Emilio Ferreiro, poeta do que este ano se comemora o centenário do seu nascimento. A seguir, forom @s nen@s do C.E.I.P. Vista Alegre @s que lerom textos de distintos autores e autoras: Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, Contos para nenos que dormen deseguido, de Pinto & Chinto, poemas d’Os soños na gaiola, de Manuel María, Un pantasma no colexio, de Manuel Lourenzo, O león e o paxaro rebelde, de Bernardino Graña, Campanas de Bastabales, de Rosalía de Castro, O País dos mandóns, de Paloma Rodríguez… A sessom da manhá finalizava com a leitura de trechos de Nunha noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, a cargo dos rapazes e raparigas do I.E.S. O Perdouro.
Já na tarde, pudemos escuitar a pessoas de distintos colectivos, clubes desportivos, clube de leitura e pessoas que participarom a título individual.
Começarom a ler as raparigas e os rapazes do CD Futbol Sala Burela que escolherom textos de Carlos Casares, Adela Figueroa (Vento de amor ao mar), Antoine de Saint-Exupéry e Roald Dahl. A seguir, participantes da Fundación Eu Son leron a Darío Xohán Cabana, Manolo Rivas, Neira Vilas… Outros colectivos que assistirom a esta cita forom a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental, com o Principiño, a SCR Ledicia com As Bruxas de Roald Dahl, a Coral Polifónica, a Asociación Camiña, con Carta de Inverno, de Agustín Fernández Paz, Asociación Mariña Jazz, com a Revolta dos animais de G. Orwell, Asociación de Amigas e Amigos de Banda que derom leitura a uma artigo de Hernán Naval sobre as escolas e bandas de música, o Observatorio da Mariña pola Igualdade, com um artigo da feminista Coroa González, a Asociación Vagalume e o Clube de Lectura, com textos de Antón Riveiro Coello, Ánxel Fole, Rosalía de Castro e Vicente Risco, o Clube de Baloncesto Burela, com textos sobre a história do basquetebol, Galiza Nova Burela com textos de Cousas de Castelao e poemas de C.E. Ferreiro, e o próprio colectivo cultural Buril, com textos do poémario Fardel de Esiliado, de Luís Seoane, Sempre en Galiza, de Castelao e Longa Noite de Pedra, de Celso Emílio Ferreiro.
Entre as distintas pessoas que participarom a título individual estiverom Cándida Pico, com Tesouros Novos e Vello de Álavaro Cunqueiro, Neves Cando, com O Club da Calceta, de María Reimóndez, José Maseda, com um artigo de Vilar Ponte, María Carme Panizo, com Os Dous de Sempre, Emilio Legaspi com o Meu Carriño de Ramón Cabanillas, Lucía Bouza, com Ou Outros Feirantes, de Álvaro Cunqueiro…
Desce o colectivo cultural Buril queremos agradecer a todas e todos os participantes a sua assistência a este Maratom de Leitura e destacar a alta participaçom, que superou as 100 pessoas e que nos anima a celebrar o próximo ano um novo Maratom de Leitura.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



