FUENTE PARGA SUBLIÑA QUE NON HAI RECORTES SANITARIOS NIN SOCIAIS EN BARREIROS. OS POPULARES LEVAN AO PLENO DESTA TARDE UNHA MOCIÓN PARA QUE SE MANTEÑA O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO.
Barreiros, 30 de maio de 2012. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, subliñou hoxe que non hai recortes sociais nin sanitarios en Barreiros. Deste xeito sae ao paso das críticas verquidas nas últimas horas desde o BNG. Os populares levan ao pleno desta tarde unha moción para que se manteña o Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Lugo.
O rexedor explicou que “no pleno de hoxe debatiremos unha moción do PP na que se pide que se manteña o Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Lugo, un plan que sofre recortes e que permitía investimentos nas estradas dos concellos, nas traídas de auga e nos saneamentos e agora deciden reducilo. Destes recortes parece que se esquece o Bloque Nacionalista Galego que está aí codirixindo a Deputación luguesa”.
Á sesión plenaria de hoxe o BNG presenta dúas mocións. Fuente Parga dixo que “unha na que piden unha ordenanza de prantacións en montes, algo que resulta curioso, porque o BNG estivo gobernando na Xunta de Galicia, levaba estas competencias e ademáis publicou unha lei sobre prantacións, pero parece que agora non lles gusta ou queren que se poñan en marcha outras nos concellos, cando xa había unha que estaba por enriba da normativa municipal. E a outra moción versa sobre os recortes nos servizos sociais. Nesta cuestión parece que o BNG quere ocultar ao señor Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, e tamén ocultan os recortes que realiza a institución provincial á que tivo que obrigar a Xunta a participar, porque así se estableceu por lei cando estaba o bipartito, a colaborar cos concellos de menos de 20.000 habitantes. Agora non queren saber nada iso, porque non é o mesmo predicar que dar trigo”.
Ao alcalde de Barreiros sorpréndelle “que se fale de recortes sociais e sanitarios en Barreiros cando todos os veciños saben que no noso concello no centro médico seguen a traballar tres médicos e dous ats e incluso en época de crise, a maiores, temos o servizo de pediatría. Se fixeron tamén investimentos no centro médico para facer probas que antes había que realizar en Burela e tamén hai que recordar que cun goberno do PP os controis do sintrom se fan neste centro de saúde, cando antes había que ir a Burela. Falar de recortes sanitarios en Barreiros é un atrevemento por parte do BNG, porque os veciños son testigos da mellora destes servizos día a día”. O rexedor tamén se referiu aos servizos sociais e subliñou que “non hai a día de hoxe listas de espera na axuda a domicilio nin tampouco na gardería, conseguimos colocar a todos os nenos de Barreiros na gardería… houbo investimentos nos colexios e se manteñen todos os servizos a todos os cidadáns. Creo que o BNG debería mirar noutros concellos nos que goberna esta formación, deberían ir alí e explicar os recortes que levan adiante eses concellos nos que non goberna o PP. Tamén xurdirá no pleno, imaxino, falar do copago sanitario teño que lembrar que nunha xuntanza celebrada no Hospital da Costa na que participaba un alcalde do BNG, que é médico, naquela reunión él foi o primeiro que apuntou que habería que facer un copago sanitario. Foi o alcalde de Mondoñedo, e cómo é posible que agora o BNG se veña queixando do copago sanitario cando foi o primeiro que o pediu”.
Alfonso Fuente considera que “non é o mesmo estar na oposición que estar no goberno. Estar no goberno require tomar decisións e require esforzos para manter os servizos e eso é o que hai que facer. E nós o que lle pedimos aos veciños foi un esforzo económico, baseándonos na lei que aprobou o BNG cando estaba na Xunta, para poder seguir mantendo uns servizos, insisto baseándonos na lei nunca fora dela”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



