O EQUIPO DE GOBERNO CONSIDERA QUE O ARRANXO DOS VACHES DA ESTRADA BURELA-SAN CIBRAO PODE DEMORARSE. A DEPUTACIÓN ALEGA QUE “SE EXAMINARÁN OS DEPERFECTOS”. OS POPULARES AFIRMAN QUE A INSTITUCIÓN TEN ASINADO CONTRATOS DE MANTEMENTO DA REDE VIARIA PROVINCIAL.
Burela, 5 de maio de 2012. O equipo de goberno burelés manifestou hoxe que o arranxo dos vaches da estrada provincial Burela-San Cibrao á altura da praia de A Marosa pode demorarse. Así se desprende dunha carta remitida polo deputado provincial de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, ao alcalde burelés, José María González Barcia.
Na carta faise mención a un informe do Servizo de Vías e Obras que, segundo a mesma, di o seguinte: “Los servicios técnicos de esta Diputación examinarán los desperfectos referidos en el escrito con el fin de evaluar las posibles actuaciones necesarias para tenerlas en cuenta en el conjunto de las próximas inversiones a realizar en la totalidad de la red viaria provincial teniendo presente la actual y obligada política de austeridad presupuestaria”.
Segundo os populares, “a Deputación lucense ten asinado un contrato, aínda en vigor, de mantemento e conservación da rede viaria provincial, polo que é relativamente doado proceder ao arranxo dos vaches da estrada provincial indicada, que cada día aumentan de tamaño”.
Para o GMP, que comparte os criterios de austeridade presupostaria que pon de manifesto o escrito da Deputación, “aínda que sorprendido porque de repente o bipartito provincial defenda tales criterios cando en público os ataca, a Deputación debe enviar rapidamente ao capataz responsable da zona para que avalíe os desperfectos da estrada e comunicarllo inmediatamente á empresa que ten asinado o contrato de mantemento e conservación. Se se agarda a facer unha planificación de inversións na totalidade da rede viaria provincial, o retraso pode ser considerable e polo tanto aumentarán os riscos para a seguridade dos vehículos usuarios da estrada, que son moitos por motivos obvios”.
























Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



