O Sr Alcalde de Foz, sigue demostrando que no sabe ser Alcalde de Foz tanto nas formas como no fondo de afrontar os problemas do noso Pobo.
Como é posible que un Alcalde sen maioría na Corporación anta a comunicación do Ministerio proceda a facer una declaración pública cargando contra os grupos da oposición e ao día seguinte convoque aos portavoces para informar e pedir o seu apoio.
Non sería máis lóxico, primeiro convocara aos portavoces para consensuar una saída sen mediatizar e polemizar publicamente en este asunto, e sobre todo non empregar a presión e condicionante do salario dos traballadores???
O sr Alcalde, ten que meterse na mente que si as cousas non funcionan en Foz e culpa de quen goberna, para iso é goberno, para iso é Alcalde de Foz, ou será que so quere ser Alcalde para foto e sorriso e cando as cousas non funcionan é culpa da oposición??
Si nunha Corporación Municipal de 13 concelleiros/as , 8 votan en un sentido e 5 (pp) en outro entendemos que o problema non é da oposición , será problema do goberno pola súa nula capacidade de consenso e diálogo.
O PP de Foz, tería que pedir desculpas públicas por non haber aprobado a taxa de depuración na anterior lexislatura, e agora quéreo facer de presa e correndo.
Parece que o goberno de Foz, so ten como obxectivo aprobar a taxa de depuración o antes posible, para ter máis ingresos, para que os veciños paguen máis impostos ao mesmo tempo como observan como se derrochan os cartos con luces acendidas de día ou sen necesidade, como se contratan servizos con empresas de fora de Foz, para servizos que podían facer os traballadores municipais, como se derrocha en festas (San Lourenzo, Fin de ano, Entroido, Berberecho….)
O Goberno de Foz, se confunde si quere sanear as contas con solo preocuparse de máis ingresos, (taxa de depuración) pois teremos que pensar nos gastos que podemos reducir, que sentido ten pedir que os veciños paguen máis impostos para que o goberno siga gastando ao seu entoxo e sen control.
O sr Alcalde e o E. Goberno pasaron este último ano dicindo que non hai cartos, pero non fixeron nin unha sola medida para aforrar.( festas, Fitur, derroche enerxético….)
Sr Alcalde, é tempo de traballar máis e falar menos, e tempo de sentarse na mesa para conseguir o consenso político e para iso so hai un camiño o diálogo.
UNIFOZ , despois de un ano perdido no goberno de Foz e ante a incapacidade política do Alcalde e o seu E.Goberno para gobernar este concello, e pensando no mellor para o pobo de Foz, quere dar un paso a diante unha vez máis.
UNIFOZ está en disposición de consensuar una saída firme e sería, pensada na responsabilidade no gasto e contemplando máis ingresos e mesmo está disposto a ofrecer un pacto de goberno para estabilizar e tranquilizar a vida política de Foz, pero UNIFOZ non está disposto a que un Alcalde en minoría intente aplicar a ditadura e o todo o nada como si dispuxera dunha maioría.
O PLAN DE SANEAMENTO, terá que chamarse presupostos municipais, ese é o camiño é o instrumento que Foz necesita.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



