Elena Candia reuniuse onte en Santiago de Compostela co director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo
Medio Rural cumpre con Mondoñedo ao consignar en 2012 máis de 338.000 euros para a axilización das concentracións parcelarias da localidade
Elena Candia destacou que a Consellería contratará o replantexamento das fincas resultantes na área de Sasdónigas, o que suporá un investimento de máis de 33.500 euros.
A voceira municipal popular tamén se interesou polos procesos de concentración de Masma e da área norte do termo municipal mindoniense, xa que para o ano 2012 tense previsto a contratación da rede de camiños secundarios cun investimento superior aos 304.600 euros
Mondoñedo, 9 de maio de 2012- A voceira municipal do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, destacou a firme aposta que a Consellería do Medio Rural e do Mar cos procesos de concentración parcelaria da área mindoniense, e subliñou o compromiso da propia conselleira e do seu equipo por dar remate aos trámites dos procedementos levados a cabo na zona das Sasdónigas, Masma e área Norte do termo municipal, tal é como lle expresou a titular do departamento autonómico na recente visita a Mondoñedo para clausurar a xornada levada a cabo pola Mesa de Dinamización.
A Consellería do Medio Rural e do Mar consignou para o 2012 un investimento superior aos 338.000 para a axilización das concentracións parcelarias da localidade. Así, recóllese a previsión da execución da rede de camiños secundarios na concentración da zona Norte, para cuxo fin dende a Administración prevé destinar 304.600 euros, así como un investimento de máis de 33.500 euros para o replantexamento de fincas en Sasdónigas.
Logo da xuntanza mantida onte co director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, a responsable do grupo popular no Consistorio mindoniense manifestou a súa confianza en que esta aposta, realizada dentro das posibilidades da propia Consellería, permita que se podan adoptar de inmediato os pasos conducentes á finalización destes procesos que, nalgún caso, acumula máis de 45 anos de tramitación. Desta maneira, segundo Candia, a Xunta compre con Mondoñedo en relación a unha das preocupacións constantes e dos compromisos máis fortes asumidos polo PP local e para darlle traslado aos mindonienses, o grupo local manterá este venres unha reunión cos veciños de Sasdónigas.
No caso da zona de Sasdónigas, e que se estende por terreos de parroquias de Mondoñedo e Abadín, desde a chegada do Partido Popular ao goberno autonómico, o procedemento sufriu un importante impulso, que fixo que se superaran as dificultades existentes e que radicaban na necesidade de dispor do preceptivo informe de impacto ambiental e de salvagardar o Camiño de Santiago, que discorre pola zona.
Así, e como proba deste impulso, Elena Candia destacou que a Consellería do Medio Rural e do Mar investirá máis de 33.500 euros no replantexamento das fincas, medida que tomará forma nos próximos meses.
Mondoñedo Norte e Masma
No referente á área de Mondoñedo Norte, Elena Candia apuntou que os recursos a este proceso non superaron o tope legal polo que xa se replantexaron as fincas no terreo, o que permitiu a autorización á toma de posesión das novas fincas por parte dos veciños, o que os converte propietarios e posuidores das novas fincas creadas polo órgano concentrador.
A voceira municipal popular destacou a importante labor de actualización do expediente que está a levar adiante a Consellería de Medio Rural e do Mar no que atinxe á titularidade das fincas, xa que moitas víronse afectadas por cambios de titularidade por falecementos, compras, etcétera.
Amais, Candia tamén significou que o director xeral lle informou de que se están a estudar e resolver, baixo consenso dos veciños, moitas modificacións do acordo estando pendentes de resolución unhas poucas reclamacións de superficie. Nesta mesma liña, a voceira popular tamén subliñou que se están a acelerar os trámites no proceso relativo á área de Masma, e no que a Consellería está a centrar de xeito importante os seus esforzos.
Así mesmo, pende a execución da segunda fase da rede de camiños da zona, e de selo caso, o acondicionamento das fincas, cuxo proxecto xa está redactado e para o acondicionamento da rede de camiños secundarios, a previsión para o 2012 da Consellería é a de investir máis de 304.600 euros. Para verificar o bo avance destes procesos, a voceira popular manifestou a súa intención de manter en breve outra xuntanza cos responsables do departamento autonómico, do que agarda que se tiren aspectos positivos coma a continuidade da disposición da rede de camiños.
A este respecto, Candia quixo expresar o agradecemento cara a Rosa Quintana, quen está a recoller de bo grado as propostas e inquedanzas do Partido Popular de Mondoñedo e apostando por levar adiante estas peticións na medida das posibilidades económicas do seu departamento, coas que a edil mindoniense se amosou comprensiva.





















Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



