O VICEPRESIDENTE E A COMISIÓN DE ALCALDES REÚNENSE MAÑÁ PARA ANALIZAR AS MEDIDAS A TOMAR DIANTE DA PROPOSTA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DA CONSELLARÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Veiga demandaralle nunha xuntanza a Raquel Arias que a Xunta de Galiza achegue fondos para o SAF básico nos concellos de menos de 20.000 habitantes
A Deputación de Lugo achega para o SAF básico un terzo máis do que lle indica a Xunta
![]()
Lugo, 9 de maio de 2012. O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, anunciou no día de hoxe que a comisión de seguimento sobre o modelo de financiamento dos servizos sociais formada por Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos, (en representación dos alcaldes do BNG), por Darío Campos (alcalde da Pontenova, do PSOE) e Manuel Varela, alcalde de Chantada, polos independentes manterán unha xuntanza na xornada de mañá a fin de analizar as medidas a tomar diante do silencio da Consellería de Traballo e Benestar de manter unha xuntanza cos mesmos para modificar o modelo de financiamento do sistema de benestar recollido no Decreto 99/2012 de 16 de marzo que estabelece unha mudanza radical sobre todo no que ten a ver cos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Veiga insistiu “na necesidade de que a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, responda á solicitude de reunión formulada pola vicepresidencia da Deputación e polos rexedores que forman parte desta comisión, a fin de que cheguen fondos da Administración autonómica a eses 66 concellos da provincia de Lugo que co actual modelo fican sen posibilidade de financiamento da Xunta para facer fronte aos gastos derivados do SAF básico, para o mantemento dos equipamentos sociais de titularidade municipal e para as unidades de traballo social coas que contan os concellos. A nosa vontade é desbloquear o problema e non crear outro engadido, por iso mesmo mañá acudirei á xuntanza solicitada fai máis dun mes á delegada da Xunta en Lugo ás 10.30 horas no multiusos da Xunta e achegareille as demandas, non só da Deputación nin deste grupo de alcaldes, senón as demandas da grande maioría da poboación lucense que se ve afectada co novo marco regulatorio dos servizos de benestar”.
O vicepresidente da Deputación destacou que non é a súa intención “entrar en polémicas coa delegada da Xunta en Lugo, agora ben, tampouco imos tolerar que desde o goberno autonómico se tente manipular a realidade e, sobre todo, que a Xunta de Galiza se desentenda da atención en materia de servizos sociais a todos os habitantes de concellos de menos de 20.000 habitantes. Non son de recibo, polo tanto, as opinións vertidas pola delegada da Xunta no sentido de que por parte da Deputación se falta á verdade cando afirma que aqueles concellos con menos de 20.000 habitantes van ficar sen SAF básico, cando ela mesma, nas súas declaracións, o recoñece, ou cando o propio PP nos seus posicionamentos públicos e nas iniciativas que está a levar aos concellos e á propia Deputación, plantexa que se faga cargo do mesmo a institución provincial. A delegada da Xunta tennos que explicar que cambiou desde 2010, ano no que o goberno galego aportou para estes servizos máis de 1.100.000 euros, até hoxe, no que a contía que achega é de cero euros, dado que o marco regulatorio, a Lei de Servizos Sociais de Galiza de 2008, é o mesmo. Tampouco son tolerables as palabras da delegada da Xunta na medida en que non son certas cando afirma que o esforzo inversor do goberno galego supera en 13 puntos ao da administración provincial, xa que mentres a Deputación de Lugo aumenta o diñeiro destinado a gasto social en máis do 20%, a administración autonómica unicamente achega aos concellos de menos de 20.000 habitantes o diñeiro para o financiamento do traballador social e do SAF para dependentes, diñeiro que á súa vez aporta o goberno do Estado, reduce só neste concepto, 18 millóns de euros na provincia de Lugo. En definitiva, a Xunta de Galiza, e a súa delegada en Lugo, o que nos ten que explicar é a súa vontade, a vontade do goberno galego, de modificar o actual modelo de financiamento para que non queden sen axuda autonómica os 3000 lucenses que se benefician do SAF básico e non fique no aire o emprego das 2000 persoas que traballan neste servizo. Tennos que aclarar tamén se vai permitir que fiquen sen financiamento autonómico as 504 prazas de escolas infantís de titularidade municipal, cos traballos a eles vinculados, que están no aire pola ausencia de financiamento autonómico e, por suposto, se vai haber achegas autonómicas para manter as unidades de traballo social existentes nos concellos que ocupan a día de hoxe a 168 persoas. Isto é, a sra. Arias ten que clarificar se dá por bo a desaparición do modelo de Benestar en 66 dos 67 concellos de Lugo, ou se pola contra se vai poñer do lado dos veciños e veciñas desta provincia para defender os seus intereses”.
“Xa que a sra. Arias tenta confundir o SAF básico co SAF para dependentes imos falar logo do SAF para dependentes” afirmou Veiga, quen lembrou que o SAF para dependentes se financia coas achegas que realiza o goberno do Estado, unhas partidas que se reduciron nos orzamentos para este ano en 18 millóns de euros e que, a maiores, incrementa co decreto aprobado pola Xunta a aportación que teñen que facer os usuarios do mesmo, co que a Consellaría de Traballo e Benestar vai converter o SAF para Dependentes nun artigo de luxo e, por conseguinte, a exclusión de milleiros de galegos deste servizo. A Consellaría de Traballo e Benestar, no seu novo modelo de financiamento dos servizos sociais estabelece un novo réxime tarifario que significa un aumento para o usuario de máis do 200% do custe do servizo. Pénsese que até agora os usuarios pagaban o 25% do custe da prestación e agora xa desde as rendas básicas, de menos de 399 euros, este custe será do 74%, ou o custe do servizo para unha persoa cunha renda de 700 euros sería do 78%”.
Xa por último, o vicepresidente da Deputación destacou que “alén das presuntas ilegalidades nas que pode estar incorrendo o goberno galego con este Decreto, como se deduce do feito de que o Consello Consultivo, órgano cuxos informes son preceptivos, e que a Asesoría Xurídica Central da Xunta de Galiza informase desfavorabelmente, non é só a Deputación de Lugo quen lle está a pór reparos a este Decreto, senón que as propias Deputacións dirixidas polo PP, iso si, coa boca pequena, estano a cuestionar. Pero, o que é máis importante, a Deputación de Lugo achegará antes de finais de maio só en concepto do SAF básico 600.000 euros aos concellos da provincia, unha contía moi superior á que tería que aportar a Deputación conforme aos criterios que a Xunta de Galiza fixaba para os organismos provinciais na súa proposta de convenio”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



