O Estado español xa cursou solicitude formal para que a UE acuda en “rescate” da banca privada. Solicitouno en nome do goberno central o ministro de economía, sinalado por algúns como Presidente in pectore, Luis de Guindos a través dunha carta. Na misiva non se cifraba a cantidade solicitada nin se achegaba información algunha das condicións do préstamo, de como se vai devolver ou con que xuros se lle vai traspasar á banca española. Desde a aprobación do “rescate” polo Eurogrupo o único que sabemos é que poderá atinxir até 62 mil millóns de euros dos cen mil dispoñíbilizados pola UE.
Con todo, diferentes portavoces da Comisión Europea foron clarificando algunhas cuestións estes días. O pretendido “rescate” terá condicións moi duras e para as garantir a troika neoliberal (FMI, BCE e UE) establecerá novos mecanismos de vixilancia sobre o Estado. Un eufemismo, o da vixilancia, baixo o que se agocha unha intervención en toda regra.
Algunhas das condicións, alén de que xa se poidan intuír pola experiencia doutros rescates, comezan a despregarse. Entre elas inclúese o propósito do goberno de Rajoy de incrementar novamente o IVE, desta volta aplicando o tipo normal (18%) sobre produtos de primeira necesidade (alimentos, produtos de hixiene, medicamentos, etc) gravados até agora entre un 4 e un 8%. ¡Falamos dunha suba de entre un 10 e un 14% en produtos indispensábeis !
A suba de impostos indirectos é sempre antisocial, dado que estes non teñen en conta o poder adquisitivo das persoas. Neste caso incidirá ademais nunha franxa de produtos esenciais penalizando sobre todo ás clases populares con menor capacidade de compra. Por outra banda o efecto económico do incremento do IVE tense amosado claramente prexudicial e contraindicado para favorecer a recuperación. Desestimula o consumo, acentuando a recesión e o desemprego, e ao tempo non supón un incremento real da recadación impositiva.
Máis unha vez os impostos son empregados polo capital, a través dos seus gobernos cómplices, como un mecanismo para expropiar -no seu beneficio- máis e máis diñeiro a quen cada vez teñen menos. Non é rescate, é saqueo.
Xabier P. Igrexas





















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



