É un encontro multisectorial no que realizaremos unha mostra e venta da artesanía realizada nos diversos talleres ocupacionais dos dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, ademáis de sensibilizar sobre a saúde mental ós asistentes. O stand da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e Feafes Galicia está ubicado no paseo central do recinto ferial e poderase visitar dende as 10 da maña ata as 20 horas. O xoves, viaxamos ata Silleda un grupo de 50 persoas entre persoas com enfermidade mental crónica, familiares e profesionais: Resultou unha xornada moi gratificante, onde tódolos participantes poideron disfrutar en todo momento da artesanía, as antigüedades, restauración e animais….De feito, o noso colectivo, véu tan ledo que hoxe pola mañá xá preguntaban se o ano próximo volveríamos ir…
