O CONCELLO SOLICITARÁLLE A FOMENTO A TRANSFERENCIA DA VÍA DE SERVIZO QUE VAI DESDE A RAQUETA DO HOSPITAL ATA A ZONA DO TORNO E ATA O LÍMITE CON FOZ. E Á DEPUTACIÓN DE LUGO A TITULARIDADE DA ESTRADA QUE VAI A RÚA. ÉSTES FORON ALGÚNS DOS ASUNTOS QUE SE DEBATIRON E APROBARON NO PLENO ORDINARIO DE ONTE.
Burela, 1 de xuño de 2012. O Concello solicitarálle a Fomento a transferencia da vía de servizo que vai desde a raqueta do hospital ata a zona de O Torno e ata o límite con Foz. Este punto foi aprobado no pleno de onte únicamente cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto e do PSOE. As tres formacións políticas acordaron por unanimidade pedirlle á Deputación de Lugo a transferencia da estrada que vai a Rúa na zona de solo urbano consolidado que chega ata o cuartel da Garda Civil.
O alcalde, José María González Barcia, explicou que no pleno de onte á tarde “aprobóuse un expedente de modificación de créditos por importe duns 176.000 euros e un recoñecemento extraxudicial de crédito de aproximadamente 176.000 euros. Na relación de facturas que nós enviamos ao Ministerio de Hacienda no seu momento para facer o pago adiantado a proveedores, pago que xa levou a efecto onte e antonte, había unha serie delas que non estaban aprobadas pola Corporación Municipal. Ao seren recoñecidas esas facturas polos propios proveedores nós o que tiñamos que facer era recoñecelas, e iso foi o que se fixo onte, e despois facer un expedente de modificación presupostaria para poder incorporar eses cartos ao presuposto. A maioría desas facturas pertencen aos anos 2008, 2009 e 2010. Estes dous asuntos de carácter económico foron aprobados por unanimidade das tres formacións políticas”.
As infraestructuras centraron parte da sesión plenaria de onte. Os tres grupos acordaron pedirlle á Deputación Provincial de Lugo a transferencia da titularidade da estrada que vai a Rúa. O rexedor sinalou que “días pasados levamos unha sorpresa maiúscula cando nos enteremos de que este vial estaba sen transferir, pensábamos que parte xa estaba transferida ao antigo Concello de Cervo ou ao Concello de Burela, aínda que nós non atopamos ningunha documentación ao respecto. A sorpresa foi maior cando nos enteramos de que esa estrada non empeza no cruce Pascual Veiga/Arcadio Pardiñas senón que empeza no porto”. Barcia dixo que “é completamente anómalo que a día de hoxe unha calle ou varias como Eijo Garay ou Pascual Veiga pertenzan á Deputación, cando resulta que o Concello de Burela e antigamente o de Cervo tiñan feito actuacións na mesma. É de sentido común pensar que o Concello de Burela pida a transferencia polo menos no que se refire á zona de solo urbano consolidado que chega ata o cuartel da Garda Civil. Esta proposta foi aceptada polos tres grupos políticos”.
O alcalde de Burela seguiu a relatar que “non ocorreu o mesmo coa solicitude de transferencia das vías de servizo da variante, desde a raqueta do hospital ata o límite con Foz e desde a raqueta do hospital ata O Torno. A oposición entende que iso non terá beneficios, pero nós entendemos que sí”. González Barcia indicou que “si queremos sacar adiante un solo para dotacións hospitalarias no ámbito do hospital actualmente, si queremos modificar os nexos de comunicación entre a variante e esa zona, tal e como aparece no propio plan xeral, o que está claro é que temos que pedir a transferencia da vía de servizo da variante que vai desde a raqueta do hospital ao Torno. Da a impresión de que os grupos da oposición non teñen moito interés en que se desarrolle esa zona dotacional hospitalaria, co cal deberían aclarar si están a favor da ampliación do hospital ou non. Nós entendemos que sí é moi importante porque nos axudará a desenvolver o planeamento urbanístico nesa zona, onde pretendedemos que se leve adiante a ampliación do Hospital da Costa”.
O rexedor manifestou que “no que se refire ao treito entre a raqueta do hospital e o límite con Foz tamén é certo que no seu momento pode ser de grande utilidade para o desenvolvemento urbanístico desa zona. Pedimos estas transferencias por separado porque o estado dunha, a que vai desde a raqueta do hospital ata O Torno está en bó estado, e por certo quero recordar que foi acondicionada polo propio Concello de Burela, co cal non ten sentido que nós esteamos a arranxar carreteras que son doutros, por iso pedimos a transferencia. E o treito que vai desde a raqueta do hospital ata o límite con Foz está en mal estado, por iso aí pedímoslle a Fomento que nos faga a transferencia en condicións óptimas”. Ditas solicitudes de transferencia foron aprobadas cos votos a favor do PP e coas abstencións do Grupo Mixto e do PSOE.
Mocións
Na sesión plenaria de onte debatíronse dúas mocións presentadas polos populares. O alcalde, José María González Barcia, explicou “unha delas instando á Deputación Provincial para que comprometa fondos para manter a axuda no fogar, tal e como marca a lei 13/2008, elaborada polo bipartito. Resulta moi chocante que cando se lle pide algunha cousa á Deputación tanto o Grupo Mixto coma o PSOE poñen o berro no ceo. Nós o que lle pedimos é que cumpra coas súas competencias, que neste caso son as que as están enmarcadas nesa lei de servizos sociais de Galicia, que é moi clara, a Deputación ten que facerse cargo do servizo de axuda no fogar de base nos concellos de menos de 20.000 habitantes”. PSOE e Grupo Mixto opuxéronse a esta moción, que saiu para adiante igual dos votos do PP.
E a outra moción tamén dos populares foi para pedirlle á Deputación que faga modificacións presupostarias para que o Plan de Obras e Servizos provincial continúe coa mesma dotación económica que en anos anteriores, tal e como fixeron tamén as Deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense. Barcia sinalou que “nós aquí aceptamos unha proposta do Grupo Mixto que consistía básicamente en aportar cartos para o Plan de Obras e Servizos de distintas partidas do presuposto da Deputación. A sorpresa foi maiúscula cando o PSOE se abstivo. Esto non ten sentido, eles están demostrando que non están de acordo con que se fagan obras con cargo ao POS ou polo menos que non están de acordo en que sexa esta Deputación a que cumpra coas súas obrigas. Esto a nós chócanos porque despois de que un grupo político que tivo responsabilidades de goberno a impresión que da é que cando lles apreta o zapato pois quéixanse. Aquí o que hai é que defender os intereses de todos os veciños deste concello e por iso nós aceptamos a proposta do Grupo Mixto e por iso a moción foi aprobada cos votos do PP e do Grupo Mixto”.