SEGUE CON ÉXITO EN FOZ A CAMPAÑA PAGA CON PESETAS QUE ORGANIZOU A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES.
Foz, 15 de xuño de 2012. Segue con éxito a campaña Paga con pesetas que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Nunha treintena de comercios e locais de hostalería é posible facer os pagos con esa moneda ata o vindeiro 24 de xuño.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “polo que estamos a ver e polo que nos contan a campaña está a resultar bastante ben. Agardamos que esta fin de semana e ao longo da semana que ven aqueles que teñan pesetas nas súas casas aproveiten para mercar en Foz”.
Os establecementos participantes na campaña Paga con pesetas son: Decoraciones Pura, S.L., Milar Electrofoz, Arrullos, Chinela, Pi-R Hombre, Ginzo Hombre-Mujer, María Docampo, La Flor Abulense 2, Ofifoz, Suministros Veipa, Centro Óptico Eliseo, Belianorte (Cenor), Electricidad Núñez, Viajes Rodríguez, Anduriña, A Bolera, Acuario, Dallas, Dandy, Leyton, O Rincón de Anita, O Taco, A Funcional, As Brasas, Portochico, O Náutico, A Maseira, A Rula e A Viña.
Caravanas
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz colabora tamén coa concentración de caravanas que se darán cita ao longo desta fin de semana na zona portuaria. Serán unhas 300 as que se acheguen a Foz, onde os seus propietarios poderán disfrutar de menús especiais nos locais de hostalería denominados Caravana de tapas en Foz.