MAÑÁ COMEZAN AS REBAIXAS DE VERÁN CON IMPORTANTES DESCONTOS NO COMERCIO FOCENSE.
Foz, 30 de xuño de 2012. O 1 de xullo darán comezo as rebaixas de verán deste ano, con libertade de apertura durante a xornada de domingo. O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo, anima á xente “a achegarse a Foz a disfrutar das rebaixas do seu comercio tradicional. Aquí poderán encontrar descontos moi interesantes en todos os artículos, incluidas as primeiras marcas. É o momento para renovar os armarios, agora que estamos metidos de cheo no verán, e para lucir as prendas de moda a prezos moi rebaixados”.
As rebaixas comezan o 1 de xullo e prolónganse ata o 30 de setembro. Os comercios poden realizar unha semana coma mínimo de rebaixas e dous meses coma máximo. Desde ACIA Foz lembran que “eses períodos elexidos por cada local deben estar perfectamente sinalizados e á vista da súa clientela, e que os artículos deben ter o prezo rebaixado e ao lado o orixinal, é decir o que marcaban en temporada”.