O goberno lémbralle a Estúa que será o único asesor no Concello de Cervo e o seu posto implicará un gasto público de 32.000 euros
Cervo, 6 de xuño de 2012-O goberno cervense lembroulle hoxe a Xosé Antón Estúa o salario que percibe como asesor do BNG na Deputación, “un cargo que lle gusta criticar con moita asiduidade pero que el mesmo ocupa”. Para o executivo local, Estúa ten dúas caras: “no Concello de Cervo demoniza aos asesores e cando chega á Deputación senta no seu despacho de asesor polo que percibe 32.000 euros ao ano”, polo que semella que “as regras do xogo cambian cada vez que sae do termo municipal de Cervo”.
Para a súa “tranquilidade”, o grupo de goberno asegurou que “o único asesor que haberá en Cervo a partir deste mes de xuño será o señor Estúa”, ao que se lle atribúen “méritos” como “non mover un dedo dende a Deputación para a adquisición dos terreos que permitan a ampliación do Museo do Mar” ou formar parte dun partido que “apoiou unha inxusta multa de 20.000 euros contra os seus propios veciños”.
O goberno municipal tamén considera que o traballo de Xosé Antón Estúa é “surrealista” ao tratarse de “asesorar a un partido, o BNG, que non cre nas deputacións, que renega delas e que avoga por suprimilas”. Polo tanto, resulta “incomprensible e incluso inútil que o señor Estúa cobre por asesorar a quen semella máis centrado en rematar coa Deputación que por traballar pola cidadanía”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



