CICLO SUPERIOR DE QUÍMICA INDUSTRIAL NO
IES MARQUÉS DE SARGADELOS
O IES MARQUÉS DE SARGADELOS de San Cibrao, Cervo, oferta por 3º ano
consecutivo o ciclo superior de química industrial, en convenio con
Alcoa, para realizar na planta as prácticas especificas, con
posibilidade de realizar a FCT (formación en centros de traballo) na propia
Alcoa ou en empresas como: Reganosa (Ferrol), Celulosas Asturianas (Navia) e
Nanogap (Santiago de Compostela). o alumnado recibe tamén formación
específica en enerxías renovables e ecoinnovación.
Está aberto o prazo de matrícula ordinario ata o día 2 de xullo ás 13
horas, e en setembro o prazo extraordinario será do día 3 ao 12 .
Máis información no telf.- 982 59 31 00.