Rematado o prazo para que os veciños/as de Ribadeo presenten as súas alegacións ao PXOM, o PP de Ribadeo quere pedirlle ao Alcalde que amose o máximo celo e dilixencia a hora de dar resposta a todas e cada unha das alegacións presentadas, pois ata de agora coa tramitación desta norma son moitas as cargas e gravosidades que están a soportar as nosas xentes.
Si xa foi gravoso o feito que trala 1ª exposición pública do plan os veciños, despois de ter acudido a profesionais para que lles asesoraran coas súas alegacións e ter que soportar ese custo económico, so recibiran do Concello como resposta unha simple carta tipo sen motivación algunha, agora durante esta 2ª exposición a gravosidade que se impuxo a quenes quixeron presentar alegacións foi aínda maior, pois, ademáis, de verse obrigados a acudir novamente aos profesionais e sportar novamente este custo no seu peto, nesta ocasión tiveron que soportar co que é equiparable a imposición encuberta dende o Concello dunha tasa para alegar, xa que, a todo o que desexou facer uso deste dereito, e ainda que o preceptivo é a presentación de duas copias do contido da alegación, unha para o interesado e outra para o Concello, sorprendentemente en Ribadeo se lles esixiu presentar tres copias, unha para o interesado, outra para o Concello, e outra para empresa redactora do Plan, deste xeito o Concello aforrouse o gasto derivado destas copias, que lle foi repercutido directamente aos veciños que se viron obrigados a soportalo.
Polo que se está a constatar o certo é que moitas foron as trabas que dende o Concello se lles puxeron aos veciños para disuadilos de presentar alegacións ao Plan. Á xa denunciada dende os medios de comunicación, información disuasoria dada no senso de que a clasificación das súas parcelas como solo de núcleo rural en vez de solo rústico lles ía supor un importante custo económico, o que non deixa de ser máis que unha información sesgada e parcial, hai que engadir outras actuacións que, dende logo, non ian dirixidas a axudarlle ao veciño no exercico do seu dereito. Así, cumpre salientar o feito de que durante esta 2ª exposición se lles esixira presentar xunto coas alegación non so títulos de propiedade, ou outros documentos identificativos das súas parcelas, senón que ademáis se lles esixía aportar unha copia do PXOM no que se ubicaba a súa finca coa identificación exacta da mesma, coa advertencia de que de non facelo as suas alegacións serían automáticamente desestimadas, deste xeito se lles da o traballo feito aos redactores do plan quenes se aforran o traballo e o tempo de ter que localizalas eles por se mesmos.
Dende o PP rexeitamos feitos como os descritos tralos que asemella agocharse o interés do Alcalde en dispor desta norma do xeito máis rápido posible, custe o que custe, e aínda que para acadalo teñan que asoballarse os dereitos dos nósos veciños. Fonte a esto o PP pídelle ao Alcalde que, dende a sua posición ao fronte da Institución Municipal, vele polos dereitos de tódolos Ribadenses e, nesa labor, garanta que todas e cada unha das alegacións que foron presentadas van ter unha resposta xusta e suficentemente motivada, na que os intereses dos nosos veciños van gozar dunha especial protección prevalecendo sobre calesquera outros intereses.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



