PROMAGAL REMATA ESTA SEMANA O ACORDO DE SUMINISTRO DE
MADEIRA A ENCE ABRINDO A VENTA NOS MERCADOS EXTERIORES”
Despois de varios meses tratando a renegociación, Promagal non chega a acordo
con Ence por considerar incoherente a súa política de compras.
![]()
19 de Xuño 2012. O día 24 de xuño é a data oficial de remate do acordo entre Promagal
e Ence asinado o 24 de maio de 2011. O suministro neste periodo foi de 250.000
toneladas de madeira de eucalipto con casca a un prezo de 34,15 €/tonelada para o
produtor. A proposta que Ence prantexa a Promagal é a de operar como unha central de
compras e asumir unha baixada de entre 3 e 12 €/tonelada par ao produtor, aspecto éste
ao que Promagal non está disposto a asumir, xa que os prezos da pasta continúan a subir
(+137,28 $/ton. dende principios de ano, cotización actual: 786,13 $/ton. ou 630,52
€/ton ). A proposta de Promagal é a de continuar cos prezos establecidos no ano 2011,
polo que recomenda aos seus asociados non vender madeira por debaixo destes prezos.
Neste contexto de subidas de prezos na pasta, Promagal oferta madeira nos mercados
internacionáis interesados no consumo de eucalipto para a producción de pasta de papel.
Actualmente xa mostraron interese na compra de madeira a Promagal diferentes
compañías, interesadas no suministro continuado de cantidades importantes de eucalipto
a prezos competitivos.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



