O BNG DE LOURENZÁ CRITICA QUE A XUNTA DEIXA DE FINANCIAR O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR QUE ATENDE A 40 PERSOAS DO CONCELLO
César Docampo critica que “ao eliminar as axudas a Xunta o goberno municipal fai sufragar o servizo ás persoas que o reciben cunha suba das taxas, ao igual que acontece co PAI, cuxas taxas soben un 15%”
Docampo afirmou que “de 30.000 euros que a Xunta aportaba en 2010 para finaciar o SAF en Lourenzá, agora pasa a non aportar nada, o que vai repertucir no prezo dos servizos para os veciños e veciñas”
Lourenzá, 21 de xuño de 2012. Esta mañá, o portavoz do BNG en Lourenzá, César Docampo, expresou en nome do BNG de Lourenzá o seu rexeitamento ao brutal recorte que a Xunta de Galiza vén de aplicar no sistema de benestar e que vai ter particular incidencia en todos os concellos galegos de menos de 20.000 habitantes, que na provincia de Lugo son todos menos o da propia capital.
Segundo explicou César Docampo “os efectos dos recortes da Xunta de Galiza a raíz do decreto 99/2012, que elimina as axudas autonómicas nos concellos de menos de 20.000 habitantes para os servizos de Axuda no Fogar e demais servizos de titularidade municipal (como Escolas Infantís, etc), xa se están sentindo en Lourenza e xa os notamos nos orzamentos do Concello para este ano, como se vé na subida dun 15% das taxas do Punto de Atención á Infancia, xa que é un centro de titularidade municipal que viña recibindo axuda da Xunta de Galiza para o seu funcionamento e que agora vai ter que ser financiado na súa totalidade con fondos do propio Concello”.
Ademais, César Docampo sinalou que no Concello de Lourenzá “hai 40 persoas usuarias directas que se benefician do servizo de axuda do fogar básico, polo que a Xunta de Galiza ao non outorgar ningunha axuda ao Concello deixa abandonados a un numero importante de persoas e condenándoas a pagar un prezo moito máis alto pola mesma atención que viñan recibindo, poñendo en risco tamén o emprego das persoas que traballan neste servizo”.
César Docampo, portavoz do BNG en Lourenzá, afirmou que “as axudas da Xunta aos servizos sociais comunitarios xa foron recortadas os anos 2010 e 2011, especialmente no que se refire ao Servizo de Axuda no Fogar. O Plan de 2011 dispoñía de preto de 24 millóns de euros para as prestacións sociais básicas, servizos sociais comunitarios e plan de desenvolvemento xitano, e o goberno do PP os recortou en 2,4 millóns de euros. Para este ano 2012, o plan concertado quedou na metade, en 12,4 millóns de euros. Isto tradúcese en que para o noso Concello, cando a Xunta en 2010 a través do Plan Concertado outorga 29.479 euros para o Servizo de Axuda no Fogar, para este mesmo concepto en 2011 só achegou 4.900 euros e agora, para este ano CERO euros”.
Esta política de eliminación de axudas autonómicas para servizos básicos fixo que o Concello de Lourenzá realizase un plan de axuste, algo que o BNG de Lourenzá considera xa que implica que, tal e como explicou o portavoz César Docampo, “a suba de taxas de recollida de residuos sólidos sexa dun 25% no ano 2013, un 15% na taxa do servizo do punto de atención á infancia (P.A.I.) ou un 6,4% na taxa do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento, polo que é totalmente incríbel que a mala xestión dos recursos municipais a acaben pagando de novo os cidadans, para nós resulta pouco ético facer unha suba de taxas directas dun 25% na recollida do lixo, para recadar 24.000€ máis mentres se aprobou un incremento da partida orzamentaria destinada a salarios de alcalde e tenente alcalde de 14.000€, tampouco entendemos como o funcionamento do concello incrementa a súa porcentaxe de gasto nos orzamentos municipais dun 42,43% no 2011 ao 48,80% no 2012 cando a poboación do concello está a diminuír alarmantemente”.
Segundo explicou César Docampo, “o decreto publicado vén a corroborar que o goberno do PP na Xunta de Galiza se desentende por completo dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, en especial do Servizo de Axuda no Fogar Básico, o que obrigará no mellor dos casos aos concellos a financiar estes servizos e aos usuarios e usuarias a pagar máis nas súas aportacións como copago, ou no peor dos casos a que os servizos desaparezan e só se manteñan para as persoas dependentes coa prestación asignada no seu Plan Individual de Atención”. Docampo lembrou tamén que “o Goberno Galego obriga aos Concellos de menos de 20.000 habitantes en financiar nun 20% o Saf Básico nun momento en que as arcas municipais enfrontan graves problemas, pero o que é máis grave tentase eliminar un servizo ao que teñen que recorrer as persoas con problemas de desestruturación familiar, casos de enfermidade aguda tras alta hospitalaria, persoas en situación de dependencia aínda non valoradas, persoas en situación de dependencia valorada e con dereito pero que non teñen o acceso ao Servizo de Axuda no Fogar ou outra prestación asignada, cuxa lista de espera hoxe en Galiza supera as 27.000 persoas. En definitiva convértese o Saf para dependentes e básico nun artigo de luxo do que se viran privados milleiros de galegos xa que se fixa unha nova regulación da participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar que incrementa de xeito substancial en case todos os tramos de renda o copa











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



