Unha xuíza de Vigo rexeita unha demanda por estar escrita en galego
Nunha decisión “absurda e totalmente contraria a dereito”, a maxistrada reclama que lle presenten unha “tradución xurada” ao castelán de dita demanda
Carlos Callón: “Vai sendo hora de que se tomen medidas contra o continuado racismo lingüístico na administración de xustiza”
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un novo e grave caso de discriminación contra o idioma galego na Administración de Xustiza. Neste caso, unha demanda presentada en Vigo foi rexeitada por estar escrita na lingua que o Estatuto de Autonomía recoñece como “propia” e tamén “oficial” de Galiza.
O presidente da entidade social en defensa do galego, Carlos Callón, apunta que “non é a primeira vez que acontece unha situación tan absurda e discriminatoria como esta” e reclama que “as administracións implicadas abran dunha vez os ollos e tomen medidas, porque xa está ben de racismo lingüístico, non podemos ser menos por querer usar o noso idioma”. Por iso, desde A Mesa enviaranse cartas de queixa á Xunta de Galiza, ao Goberno central, ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Callón salienta ademais que “pedir nin máis nin menos que unha tradución xurada parece feito para escarnecer a lexítima e legal opción de usar o noso idioma ante a administración de xustiza”. “Non pode ser que a administración que debe velar polos nosos dereitos, tamén os nosos dereitos lingüísticos, sexa a primeira en vulneralos”, conclúe.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



