BURELA ACOLLERÁ DO 3 AO 5 DE AGOSTO UNHA FEIRA DE ANTIGÜIDADES E COLECCIONISMO. O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE ECONOMÍA AGARDAN QUE A VINDEIRA FIN DE SEMANA SEXA TODO UN ÉXITO, PORQUE SE CELEBRAN TAMÉN PRODUART E A FESTA DO BONITO.
Burela, 30 de xullo de 2012. Burela acollerá do 3 ao 5 de agosto unha feira de antigüidades e coleccionismo. Está organizada por C.C.Eventos e conta coa colaboración do Concello de Burela e da confraría de pescadores. A feira foi presentada esta mañá.
O alcalde, José Mª González Barcia e o concelleiro de Economía, Industria e Emprego, José Casas, sinalaron que “será a primeira vez que coincidan a celebración da feira de antigüidades con Produart e a festa do bonito. Deste xeito o que se pretende é consolidar máis aínda, si cabe, a primeira fin de semana de agosto”. No equipo de goberno entenden que “se pode potenciar a afluencia de xente a Burela e potenciar tamén máis tanto a festa do bonito como Produart. Cabe pensar si pode haber algún tipo de colisión entre Produart e esta feira de antigüidades, que está organizada por unha empresa privada, C.C.Eventos. Nós pensamos que non, pero temos claro que como responsables municipais estaremos atentos aos resultados que se dean durante a vindeira fin de semana e de cara a vindeiras edicións adoptaremos as decisións que consideremos oportunas”. Casas e González Barcia consideran que “non debería haber ningún tipo de problema, porque unha é unha feira de artesanía e outra de antigüidades”. O concelleiro de Economía, Industria e Emprego dixo que “o que pretendemos é que esta feira sexa un apoio importante para a feira do bonito”.
González Barcia e Casas agardan que “todos os eventos que se celebran esta fin de semana sexan un éxito”.
O horario de visita da feira de antigüidades na antiga lonxa será o venres de 17 a 22 horas, e o sábado e o domingo de 11 a 14 horas, e de 17 a 22 horas.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



