O vindeiro venres, día 13 de xullo, da man do prestixioso músico Arcadio Mon, director da Escola Municipal de Música de Foz, vai ter lugar na vila un magno acontecemento musical inspirado polo desexo dos seus intérpretes de homenaxear á canción galega, á nosa lingua e a aqueles músicos e cantantes que foron pioneiros en trasladar ás audiencias masivas toda a beleza e o engado das cantigas que resoan nas mentes e nos corazóns coa ledicia da percepción na lingua que nos é propia e aos que, fieis á terra e á cultura na que se desenvolven as nosas vidas e sentimentos, acotío proclaman, a través da arte, a súa condición de galegos/as amosando a propios e estraños, dende o sublime podium da música e a poesía a súa fachenda por vivir nun país de tan outros valores do espírito. Alguén moi querido por este cronista dicía que “quen non ama os nenos e a música non ten sentimentos …”. Falamos pois de conceptos afastados dos que son os cotiás, moitas veces dominados polas ambicións materiais que acotío fan que degraden a personalidade do individuo. Falamos do valor supremo da amizade e do sentido da solidariedade que é o talismán que reúne nesta xornada a preto dun cento de artistas mariñáns que, dende as beiras da ría de Foz, espallarán a beleza desta terra e o coñecemento do seu patrimonio musical e poético, que marchan tan unidos que a poesía ten por símbolo a lira, que é instrumento musical.
Escolma de Meus e Grupo de Improvisación do Conservatorio (Viveiro); Canere Son (Burela); Arcadio; Ugía Pedreira (Foz) e Miro Casabella (O Valadouro) co engadido de Sito Sedes, voz histórica de conxuntos míticos galegos (Os Satélites, Os Tamara);
festival presentado e animado pola popular figura da TV, Paco Lodeiro, van ofrecer un espectáculo para a lembranza, a nostalxia, que sen dúbida potenciará a nosa autoestima de galegos da Mariña.
Suso Fernández






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



